Casa do Cristán

Seica o Cristán de Piño, foi o último en sacar o pendón nas procesións.

Seu nome e o da súa casa veulle de eí, ainda que él era da casa dos Ferreirolos. A ubiciación desta casta estaría diante da casa orixinal deles, entre a casa de Carpinteiro e a nave que os Morales construiron na finca que lle comparon aos de Rei.

Matilde unha das fillas vive en Ribas Pequenas, e a súa filla é a dona do único muiño que segue a funcionar nunha contorna cada vez máis ampla.

A outra filla, casou cun de terras de Samos e teñen unha finca con mazairas na herdanza dos seus pais, na Seara, limitando có antigo potro de levar as vacas a inseminar, cada ano ven a tratalas e ten merecido o recoñecemento de ser as mellor podadas da contorna.

 

{jcomments on}

 

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Hay 1766 invitados y ningún miembro en línea

Please publish modules in offcanvas position.