Febreiro 2021

PASAN MOITAS COUSAS

Noticia foi o eco que do problema da proliferación dos xabaríns na nosas terras fixo o xornal de La Voz de Galicia, días pasados. LIGAZÓN
Tamén foi noticia a nova publicación da editorial recentemente creada por min  do poemario do courelés Xesús A. Parada, obra titulada NAIADES.,o pasado día 24 coincidindo co día de Rosalía de Castro. LIGAZÓN

As imaxes dos paisaxes corresponden ao último día do mes.

UN ANTROIDO PASADO POR AUGA

Nestes pasados días de antroido a noticia foi a ausencia das celebracións multitudinarias de desfiles de comparsas e outros eventos.
No noso concello da Pobra do Brollón as celebracións do Entroido en Salcedo tamén foron suspendidas e nin houbo teatro, nin danzantes e mandames nin o Oso se viron entre  as multitudes que se viñan deixando ver ata esta nova realidade de Pandemia.
Si a tradición de Compadres e Comadres estaba nunha situación de continuidade complexa este ano non lle axudou moito a revertir a tendencia xa que os habituais concursos entre parroquias promovidos polo concello tamén foron suspendidos.
É verdade que eu percibín a nivel xeral tanto en Ourense como noutras zonas da nosa rexión moitos bonecos tipo compadre/comadre que luciron á vista lembrando a presenza do carnaval en Galicia  en sustitución das máscaras que tiñan que estar de festa rachada nestes días de pre-coaresma.

Cómo estades amigos??

Comezou o mes de febreiro non como un mes de febreiro máis senón cunha normalidade anormal derivada da situación creada pola pandemia mundial que nos toca vivir.

No pasado mes de xaneiro o noso veciño Carlos Pérez saíu nunha reportaxe da TVG 
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/come-a-comarca-as-batallas-6-4756675?t=0
 
que podedes ver na ligazón.
2005 - 2021 | Peruchela Edicións

Temos 450 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.