A VIII Feira Guímara celebrarase o sábado 8 de xullo

A VIII Feira Guímara celebrarase o sábado 8 de xullo

20 Xuño 2023/concello/Cultura

O sábado 8 de xullo, celebrarase a 8ª edición da Feira Guímara, cunha xornada repleta de actividades para conmemorar a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos.

Información sobre postos de artesanía e produtos locais.

Bases dos concursos de Estandartes, Caracterizacións e Xogos populares.

Programa:

  • Mediodía (a partir das 13:00)

Pregón: lectura dramatizada a cargo de Merche Pérez e Manuel Ayán.

Representación escénica dxs nenxs do obradoiro de teatro MRMC O Piñeiro Máxico

Representación da Revolta Guímara

Vermú musicada: Os Ministreles do Burgo

Haberá mesas de uso libre

Polbeiras e postos de viño e comida

Pasamesas musical

  • Tarde

Campionatos de xogos populares: chave, ra, tira-soga

  • Á noite (a partir das 21:00)

Concertos: Airiños da frebaOs Rastreros

  • Ademais, haberá concurso de estandartes e premios á caracterizaciónPostos de artesanía e produtos locais.



RELACIONADO