Abril 2019

COUSAS DE PIÑO

BREVES SEGUNDA QUINCENA

  • O pasado domingo de Ramos na igrexa parroquial cheo absoluto. Moitos foron os veciños que por un ou outro motivo acudiron á misa do Domingo de Ramos.
  • O 14 de Abril, en  Sober gran día de festa como ven sendo habitual a Feira de Amandi reuniu a miles de persoas en torno ao viño. Mais Info
  • Nesta terceira semana de mes finou Herminia da casa de Quevedo aos 91 anos de idade. D.E.P.  e tamén Casto Enriquez, irmán do Celestino da Alisa   tivo o sepelio no ceminterio parroquial de Veiga

Chegamos aos días da Semana Santa onde se pode ver algo máis animadillo o noso pobo, así como os da contorna. Son moitas as persoas que nos visitan estes días.

As ofertas culturais medran. Este finde Feira do Viño en Quiroga e Feira Medieval en Monforte, sen contar a da augardente de Portomarin e un montón de ofertas lúdicas por toda a xeografía.

E despediremos o mes coas festas da Ferreirúa.

BREVES PRIMEIRA QUINCENA

  • Comezamos abril informando do acondicionamento por parte da Asociación Veciñal Santa Bárbara do campo que mercaron o mes pasado.
  • En Sober un ano máis celébrase a Feira do Viño de Amandi.
  • De momento en Piño ainda que xa empezou oficialmente a campaña electoral non hai más carteles na parada de Bus que os meus calendarios.

Nuns días seguro que está a tope. Esperemos non me arranquen o calendario!!!

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.