Abril 2020

Benvidos un mes máis a esta páxina, espero que che agraden as fotos, as ligazóns e os contidos.
Vivimos nun situación excepcional pero temos a sorte de poder atender das nosas hortas e airearnos un pouco.
NOTICIAS DE ÚLTIMA HORA  28/04/2020 
A Deputación Provincial de Lugo muda os carteis indicadores por uns novos retirando os que estaban deteriorados.
A petición que se dirixiu ao servizo de vias e obras no mes de xaneiro tivo repercusión e agora esa imaxe de abandono mudou revalorizando as nosas aldeas.

As Hortas do Fernando

GUIMARALIA TE VE

D.E.P Lamentamos a Perda de

A sra. Dolores Díaz López de casa Carballal finou aos 98 anos de idade .
Dolores naceu un 30 de marzo do ano 1922, filla de Antonio Díaz y María López.
O seu cadáver foi trasladado directamente ao ceminterio parroquial o día 3 de abril de 2020.
Polo motivo do confinamento ao que estamos sometidos debido a alerta sanitaria non tivo misa funeral e acatando a lei non asistiron ao sepelio máis que as persoas permitidas.
Dolores sempre estará no corazón daqueles que a querían, incluíndome.
Roguemos uns minutos de silencio e unha oración polo eterno descanso da súa alma.
Novas

Comezamos o mes de abril confinados nas nosas casas, saindo unicamente ao imprescindibel, pasear os cans, darlle aos animais de comer ou atender á horta.

Nas imaxes superiores podedes ver paisaxes de Piño e tamén algunhas fotos de vertedoiros ilegais en distintos puntos do seu territorio. Estas poucas fotos dan unha pequena idea do que moitos veciños fan ou fixeron sin ter en conta para nada aos demais nin ao medio que compartimos.
Enseres tirados no camiño do cimo da Riba, na carretera do canal restos de obras, na carreira de Suhortos plásticos e vertidos na antiga vía, eso sin contar os plásticos no Teixugo e os esparcidos polas fincas dos particulares.  
Esta descrición é sólo dunha moi pequena porción  das terras de Piño, si me adicase a poñer as fotos de todos os vertedoiros que a día de hoxe seguen a manterse en Piño, sería máis que escandaloso polo que ... dende esta páxina suplícolle á xente que teña un pouco máis de conciencia e non faga este tipo de cousas.
O monte non se limpa sólo, temos que ter conciencia e  na medida das nosas posibilidades recoller o que vexamos e levalo aos contenedores habilitados para iso.
Podemos ver nun par de imaxes as pozas onde se emborquillan o xabaríns. Decir que fai poucos días atopeime con 4 xabaríns duns 80 kg de peso cada un cerca da  nova granxa de porcos e hai xente que di ter visto 7 xuntos. Hai carreiros deles por todo o monte  e todo apunta a que seguramente nestes momentos no noso pobo hai máis xabaríns que persoas, lamentablemente.
Vemos nas fotos un chopo de casi un século que caeo preto da carreira da Riba e tamén vemos o lamentable estado da Fonte.
O arranxo que se fixo fai pouco tempo  está a vista . A auga pérdese por ambos lados da pista e o demais está pra ver.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.