Marzo 2022

ESCRITORES CON ORIXE EN PIÑO

Fai uns anos coñecín  a Raúl Morales, de Suhortos, que estaba fortemente vencellado á nosa parroquia aínda que afincado fóra da comunidade galega. Lamentablemente o seu precipitado falecemento fai que non dispoñamos de máis obras que das varias que quixo ceder e compartir con nós, tales como A corda da Santa Compaña.

Nos últimos anos descubrimos que da rama dos Plata hai un autor, Carlos Villarrubia, que hoxe por hoxe segue escribindo en varios formatos.

Mirian Casas é de pais naturais de Piño, da casa da Marela e da Casa de Galgo. Reside en Bóveda e ainda que a súa profesión é a de enfermeira no pasado ano entra no mundo do libro publicando a novela IKAL.

Mayte Rguez, a miña irmá, leva escribindo dende que rematou a carreira de xornalismo. Ten a súa propia revista especializada dende fai máis de 20 anos pero non é ata 2021 que publica o seu primeiro libro, neste caso o poemario "Hasta que llegué al silencio".

Outros amigos vencellados a Piño teñen publicado obras, tanto da casa de Carpinteiro,  ou da casa da Marina polo que a paixón pola escrita venlle aos de Piño de arraigue.
PODES PECHARME

Presentación UNIVERSO VILLARRUBIA

Libros de Carlos VIllarrubia

Na Libraría Agrasar de Monforte  este próximo venres día 18 de marzo a partir das 20hs.  o noso veciño Carlos Villarrubia fará un  acto de presentación dos libros que forman parte da colección Universo.
Quedan más cielos.
Amor manando amor.
El niño del Tobogán.
Al ritmo de Madrid.
Os libros son unha mistura de xéneros que o autor desenvolve como autor multimedia.

Presentación IKAL 2

IKAL 2

No primeiro fin de semana de mes na Libraría Agrasar de Monforte a nosa veciña de Bóveda, Mirian Casas presentou o seu segundo libro, IKAL 2.  Trátase da segunda parte de IKAL  que presentara o ano pasado. 

Temos na libraría tanto o primeiro como o segundo tomo dispoñible e é probable que de cara a semana santa nos acompañe na LIBRERIA PELAYO para presentarvos o libro a todos os interesados. Ya irei informando.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.