Novembro 2020

Saludo:

Ola amigos, grazas por visitar a web

Fotos de Santos e Defuntos

Novembro 2020

Querido amig@ e simpatizante,  seguidor@ ou detractor@; gustaríame poder escribirche con máis continuidade. As circunstancias fan que teña que escoller prioridades e as ocupacións actuais lévanme a ter que renuciar a estes momentiños de ocio que cada mes durante mais de quince anos levo compartindo contigo.

Seguen a pasar cousas na nosa parroquia e non sempre as reflicto na web polo antes mencionado. Si comparto unhas fotos xerais do camposanto deste mes de novembro e tamén da pista que dende a Chá vai ata Cortiñas, que veñen de arranxar recentemente. Cada ano hai un máis no cementerio e algún menos na aldea e así imos pasando os días, os meses e os anos.. sen saber a quen e cando nos vai tocar...
to be continue...

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.