Novembro 2021

NOVAS DENDE PIÑO

O Día de Santos e Defuntos en Piño transcurriu quizais por primeira vez en centos de anos sen misa.
Non foi ata o sábado 13 de novembro cando o actual párroco puido vir a celebrala.
Sen embargo houbo un cabodano, o da Dolores de Carballal a primeira semana de mes.

Este ano foi de moitas e fermosas flores o tempo permitiu que luciran o seu máximo esplendor. 
Nas fotos vemos algúns nichos do noso ceminterio parroquial e a Herminia de Peruchela preparando flores para levar, xunto cunha veciña.

Outra das novas e que taparon algúns baches e outros non da estrada da Deputación.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.