Outubro 2021

DESPEDIMOS A

Na igrexa parroquial de Piño misa de funeral do Sr. Manuel Quevedo Corujo, finado en Vigo aos 91 anos de idade. D.E.P.

OUTONO DE 2021

O primeiro de outubro no salón de actos do Ateneo Casino de Monforte foi o acto de presentación do poemario  DE VISU ese enigma inalcanzable, do soberino Juan Labaredas. que ven de publicar baixo o selo editorial de Peruchela Edicións.
Foi un acto multitudinario ao que asistiron personalidades de Monforte e Sober, amigos e simpatizantes do autor, moi coñecido na contorna.

Os primeiros días do mes en Piño un equipo de persoas dirixidas dende a Deputación de Lugo abriron uns pequenos tramos da cuneta na estrada que ven dende Bóveda ata o lugar, sitios onde a auga corría por riba en tempos de choiva e que agora grazas a esta mellora non vai a seguir acontecendo. Estes tramos levaron ademais unha capa de cemetación.

Na terceira semana do mes pasáronlle por fin este  ano a desbrozadora ás beiras da estrada o que deixou á vista que a solución da Diputación de limpar soamente algúns tramos  foi incompleta por prescindir de limpar e acondicionar o tramo do fondo da costa que permanece atascado sempre e que ademais é un perigo onde se teñen ido moitos vehículos. A auga brota no medio da estrada provinte da cuneta,  atascada e desentubada, sendo un problema moi grande nas épocas das xeadas  porque xusto está na saída da curva e os coches esbaran sen control.



X

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.