TEMPO DE OUTONO
ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO
O Concello da Pobra do Brollón organiza unha serie de rutas polo Camiño de Inverno dende Nocedo ata Santiago de Compostela.
Camiñar e máis
As xornadas comezarán ás 8 da mañá, hora de saída do bus da Pobra do Brollón, concretamente dende o antigo cuartel da garda civil.
A participación nas rutas é gratuíta. Os interesados deben contactar antes do mércores da semana da ruta. Hai que inscribirse por WhatsApp no teléfono 650624828 indicando o nome completo, DNI, e a etapa (ou etapas) nas que se queira participar
+ INFO
REMATAMOS SETEMBRO
O día 15 de setembro na igrexa parroquial a misa dominical foi na memoria de Manola Piñeiro da casa dos Silvarrey, coincidindo co aniversario da data do seu falecemento.
Noticias de Setembro
Da reunión da asociación veciñal Santa Bárbara houbo dimisión do ata agora Presidente, José Manuel, o actual pedáneo situación que levou a convocar unha nova reunión O día doce onde escolleron como novo Presidente ata o remate dos catro anos a José Luis do Portelo.
Máis Cousas
Cando como secretaria da CMVMC de Piño solicitamos e conseguimos permiso para a limpeza e acondicionamento da parcela 637 das Bouzas, estaba ben especificado nela que a parte correspondente a sección 4, non se podían talar esas árbores.
Por interesese particulares argallouse a apertura dunha pista arrasando ao seu paso a máis de unha ducia destas árbores protexidas.
Logo duns días aproveitaron e levarona para a casa, sin notificación nin previo acordo público.
Quero expoñer estes datos publicamente para poñelos en coñecemento dos que ainda non o saben. Felicitar e aplaudir aos promotores e executores deste novo antentado contra o patrimonio público da xente que vivimos na parroquia.
Podese ver na imaxe no sixpac como estaba o xuncal cheo de árbores autóctonas e tamén podemos ver como na actualidade volven nacer os xuncos. Eses son os feitos, arrasaron unha parcela por unha subvención para deixala ao monte de novo, escondendo o permiso da parcela 637.