Xaneiro 2019

Descarga Calendario Piño 2019 1          Descarga Calendario Piño 2019 2

 Novas de Xaneiro dende Piño 

Xa pasou máis de medio mes dende que comezou o ano e en Piño os días sucédense mudando o tempo, das xeadas á auga.

Como en moitos sitios, temos un Belén montado no pueblo, pero non precisamente o de Nadal, que con tanto entusiasmo reproduce na igrexa parroquial o Antonio da casa Capitán, senón o Belén que formamos os catro que somos. Refirome a moitas cousas xerais, persoas moi maiores dependentes  que fican soas, enfirmidades , accidentes , separacións.  Cousas que todo o mundo sabe e que en internet non se poden poñer. Pero Piño non é distinto. O noso pobo é como calquera outro sitio e nel hai cabida para todo tipo de personalidades e todo tipo de acontecementos. Nas liñas inferiores relato algunhas novas máis destes primeiros días do ano novo.

 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.