E para rematar o mes deixar constancia do pasamento doutro apreciado amigo, Manuel Pérez Franco que finou na súa casa de Barcelona.
Manuel era orihundo da casa do Manueliño e casou con Amable do Carballal. Durante moitas décadas viñeron a súa casa de Suhortos ata que a pandemia do Covid e a saúde non permitiron que voltase.
Dende estas liñas expresarlle ao seu fillo e demais parentes o meu máis sentido pésame pola súa perda. D.E.P.
Novas Xuño 2021
Mércores nove de xuño no ceminterio parroquial sepelio de María Luisa López Pérez, (Marisa da casa Sono) nada en setembro de 1944, filla de Carmen e Pepe. que finou no día de onte 8 de xuño na súa casa.
Dende estas liñas expresar o noso máis sentido pésame por tan estimada amiga.