Novembro
Comezou o mes de novembro do 2026 e, como cada ano por estas datas, todos levamos flores ao camposanto para lembrar aos nosos seres queridos que nel repousan. Son días de reencontro, tanto coa memoria como cos veciños que coinciden nestes días no lugar compartindo momentos de empatía e lembranza, mantendo vivos os lazo que nos unes coas nosas raíces, a nosa familia e a terra.
Un ano máis, novembro cítanos no ceminterios e lévanos a unha parte da nosa historia colectiva.
Nacementos
Por terceira vez, Herminia e Fernando, de Peruchela, convértense en bisavós. Nesta ocasión, trátase dun neno que levará por nome Daniel.
Piño segue a medrar, aínda que sexa fora do territorio.

