Fin do mes de xullo
Queridos lectores amigos de webpino:
Remata o mes de xullo de 2025 con varias novas que vos quero participar.
Sorprendentemente a estrada principal de Piño este ano estará xustiño antes de agosto coas cunetas limpas. As máquinas andiveron o día 31 facendo este traballo tan necesario sobre todo en epoca estival, porque hai moito máis tráfico e a maleza impedía ver os límites podendo provocar ao orillar saídas de vehiculos da mesma.
Noutra das fotos podedes ver a pintada na porta do Cementerio parroquial. A encargada do mantenemento, Herminia, decidiu encargalo e facelo tras ver como lle quedara de fermoso ao veciño que o fixo no Requeixo o pasado mes de xuño. Outra das novas é que por conta dos ingresos da parroquia que xestiona o sr. cura, estase acomenter a restauración das portas da igrexa, facéndolles un lixado e dándolles un novo tratamento de cor para a súa conservación.
Chaman poderosamente a atención as pintadas que aparecen na Pobra e que podedes ver nas imaxes. Como persoa contraria tanto ao proxecto de Altri como ao xenocidio que se está a cometer contra o pobo palestino, reconforta e enorgullece ver que no meu concello hai quen comparte estas inquedanzas.
E como boas novas, as pintadas que hai polo territorio anunciando unha voda para o día 02 de agosto. Parabéns a Raquel e Iván de Centeais. Que sexades moi, moi felices coa vosa neniña Sofia e cos que veñan!!!
Máis breves
Feira Guímara
Un ano máis celebrouse a Feira Guímara na Pobra do Brollón.
Cabodanos
O día doce tivo lugar o cabodano da Manuela de Xacobe na igrexa parroquial.
Obradoiro de Tapiais
Foron varias as persoas que acompañaron a Branca Alban e ao seu equipo no obradoiro realizado a tarde do venres 11 de xullo.
Nacementos
O día once de madrugada naceu Ronsel Innana a miña primeira neta, filla de Esmeralda Casabianca Rguez. Unha perucheliña nova na familia!
Eventos de Xullo
Os tapiais de Piño
Como vos comentei o pasado mes tivemos en Piño a visita de Branca Albán que forma parte do proxecto "Estratos na terra. Cartografía das técnicas de arquitectura tradicional da Ribeira Sacra casa o desenvolvemento dunha paisaxe resilente". proxecto desenvolto en alianza co Consorcio da Ribeira Sacra e o Ministerio de Cultura.
As tres persoas que impulsan esta iniciativa son Branca, na parte da dinamización comunitaria e mediación cultural, Alba Losada e Xavier Bernárdez( restauradoras, como equipo técnico de conservación).
Como froito deste proyecto haberá un obradoiro que ser realizará o vindeiro 11 de xullo ás 19hs. e unha visita patrimonial prevista para o 12 de agosto, tamén pola tardiña.