Breves de Outono
- Comezou outubro coas festas de Pacios de Veiga e Cereixa. O San Miguel tamén se celebrou a finais de setembro en Canedo.
- Os baches marcados na estrada seguen estando sinalados, pero como a pintura se estaba borrando, agora en vez de vermello están de verde.
- Dous veciños limparon a fonte dos Lugo. O manantial escapou do seu lugar orixinal fai uns meses e ten pouca auga. Actualmente sae no sitio do Xastre, un pouco máis adiante.
- O concello aínda non arranxou o desperfecto que deixaron aberto na estrada principal e na rúa do Pacio trala avería nos tubos de suministro de auga potable que xa foi comunicada. Aínda que a reparación da tubaxe xa se realizou, o pavimento segue sen ser restaurado, o que mantén o perigo para vehículos e viandantes.
José López Pérez, coñecido entre os veciños de Piño como "Joselito", é o promotor da web nosolocine.net e tamén director de cine. Aínda que a súa traxectoria profesional se desenvolve principalmente en Barcelona, onde reside mantén un forte vínculo coa nosa parroquia.
Dende 2011, José publica artigos sobre cine e cultura española, mais reserva un espazo especial para reportaxes vencelladas a Piño, o seu entorno e Galicia. Un exemplo destacado foi a entrevista que realizou no mes de agosto ao xogador da Real Sociedade Diego, tamén oriúndo de Piño. Ligazón ao artigo completo
A súa nai, Marina Pérez, é unha das veciñas máis lonxevas de Piño. Aínda que pasa a maior parte do ano en Barcelona, conserva a súa casa na aldea e mantén os lazos coa comunidade. A propia Hilda López Pérez, irmá de José, escribiu un artigo sobre os tapias na zona, demostrando o seu interese por documentar o pasado de Piño.
Esta reportaxe sobre os tapiais forma parte dese compromiso destes dous irmáns coa preservación da memoria e do patrimonio. Reportaxe de Hilda López Pérez- Enlace ao artigo completo.

Dentro das travesías culturais organizadas polo catamarán Riosil.com, nos Chancís, este mes de outubro, participei recitando uns versos de Rosalía de Castro.
Ao longo deste mes, Anxo Muíños presentará a súa saga Río Océano e tamén o primeiro audiolibro Resurrección Haush. Pola súa banda, Gloria Guerrero recitará os versos que lle dedicou á Ribeira Sacra no seu poemario Verbas do Corazón. Ambos os dous autores publicaron as súas obras con Peruchela Edicións.