Casa Escaleira

A principios do século XIX Ambrosio Rodríguez Escaleira casou con  Leonarda Fernández e  tiveron cinco fillos Juana, Margarita, Antonio, Lorenzo, María e Manuel.

Juana casou con Pedro López (Plata) que a súa vez tiveron por fillo a Serafín López Rguez que casou con Maria Josefa Díaz Glez (Mari Pepa da Casa Celestino Suhortos).

Os fillos deste matrimonio foron, Eugenio morto na guerra, Manuel meu avó, . Jesusa emigrada en Arxentina.......etc .

Os últimos habitantes desta casa do barrete do Requeixo foron a Josefa e o seu irmao finado ultimamente, a quenes todos coñecian como o Escaleira.

Esta parella de irmáns foron os últimos en xunguir os bois na nosa parroquia, a principios dos oitenta por última vez.

Na actualidade e ao morrer a casa pasou aos seus parentes de Vales quenes llela venderon á neta do finado Benigno de Quevedo. 

 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega