
Nadal 2025
Sábado 27 polo serán, cantos de Nadal pola parroquía.
Dentro da programación do Nadal do concello incluiron un roteiro de cantos de Nadal que chegará á nosa parroquia.
Pasamento de Rafael Almenara
O venres 12 celebrouse na igrexa parroquial a misa de Funeral polo eterno descanso de Rafa, o marido de Dora, residentes en Piño no barrete do Pireiro.
Outro veciño máis que nos deixa neste 2025. D.E.P.
Un ano este onde tivemos que despedir a moitos veciños: Luisa de García, Olguita de Gobernante, Manolo de Benjamín, Raúl de Carballal, Pepe da Cerca, Pepe da Elena de Farnés, a irmá da Florinda do Isqueiro de Vales, e tamén outra Sra. de Vales que residia en Monforte.
Inicio de mes
O día primeiro de decembro comezou un pequeno obradoiro de 15 horas no local social da parroquia dirixido a todas aquelas persoas que queren aprender a usar un pouco mellor a tecnoloxía.
Máis Breves
En canto as novas das casas que comentaba o mes pasado que estaban en venda, hai novidades.
Temos unha familia nova en Piño, porque a antiga casa de Manueliño xa se vendeu no mes de novembro. Espero que se sintan cómodos neste novo fogar.
Daquela faltoume mencionar a casa do Carballal tamén está tamén en venda, por se alguén anda á procura dun recanto con memoria.
Libros
Xa sabedes que rexento unha editorial e que veño publicando libros a todo tipo de persoas, tanto xente sinxela coma autores cunha certa traxectoria.
Levo dúas décadas escribindo nesta web pero agora tiña a necesidade de deixar plasmado en papel algunhas das historias das que me fun empapando nestes anos.
Xa está en preventa o primeiro volumen do libro de Piño que se publicará na vindeira primavera.
Reservas no meu whasapp 675038728 ou no mail
Este primeiro volume é unha primeira achega á historia do noso lugar, unha porta aberta as nosas raíces.



