Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Jesús Figueiras

JESÚS FIGUEIRAS FIGUEIRAS era fillo de solteira de MARÍA FIGUEIRAS FRANCO. Polo visto seu pai era un home que  estivera traballando na construcción da estrada de Piño fai uns cen anos. 1924-2024.
Despois de parilo súa nai casaría con José Seijas Parada, máis coñecido por Pepe de Todos. Jesús era un bon home. Tiña un bo corazón e  as lembranzas que deixou en min foron todas boas. Probablemente tiña un  retraso ou dito doutra maneira carecía dunha intelixencia media e co paso dos anos os veciños abusaron bastante do seu infortunio.
Ao falecer súa nai e seu padastro e marcharen tódolos seus medio irmáns,  quedou so na casa familiar ata que se esborrallou,  índose a vivir despois aos restos da casa do Rei que colindaba coa súa.
Os veciños facíanlle a burla e abusaban del. Alcumárono como o CURINO, que vén sendo unha persoa mendiga e desaliñada. Cando ía a traballar por moi pouco a casa de quen o chamaba, na meirande parte das veces, convidarano a beber ata telo ebrio, facendo que se afeccionara ao alcol.
Cando miña irmá lleu iamos a súa humildísima vivenda ensinábanos fermosos pañuelos e sempre, sempre nos tratou ben, con cariño e coidado. 
A Jesús ademais do alcol, gustábanlle moitos as mulleres aínda que sempre as respetou.
Historias do Jesús, alcumado o CURINO.
Nun período determinado obsesionouse con roubar as bragas que atopaba colgadas nos distintos tendeiros que vía ao seu paso, tanto pola nosa aldea como por outras, enchendo a casa destas prendas que logo lucía el mesmo publicamente o que causaba a risa dos veciños. Nunha ocasión recibiu unha paliza bastante importante por parte do marido dunha das mulleres roubadas.
Cando foi un pouco mais maior arregláronlle unha pequena paga do estado coa que sobreviviu ata o seu pasamento. Unha das primeiras cousas que fixo foi mercar unha bicicleta vella que conducía moi mal caendo dela e mancándose en numerosas ocasións; como aquela vez na curva do Rodo ode foi bater contra unha árbore onde quedou colgado coa bici o que lle causou a rotura de varias costelas e moitas magulladuras.
Os veciños dicíanlle, - vaste matar na bicicleta!!! ao que il respostaba -xa a comprei para matarme.
Noutra  ocasión os rapaces decidiron levalo con eles á festa da Parte ocasión para a cal a condición era que se afeitara e cortara o cabelo. O Manolo de Loureano foi o barbeiro que fixo del un cristo coa navalla xa que mentres o maqueaba non paraba de pasar xente por diante e berrarlle e il erguíase cabreado dicíndolles que fosen sachar os nabos,  provocándose accidentalmente cortes.
Como última anécdota contar de cando seguindo o consello duns pillos que lle dixeron que para que lle medrara o pito tiña que facerse unha circuncisión colleu e cortouse tanto que se comezou a desangrar polos camiños e os veciños tiveron que levalo de urxencia a coser.
Jesús Figueiras faleceu o 3 de marzo de 1989.

No hay comentarios