Febreiro 2025

Image

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Consulta as bases do Concurso de Compadres e Comadres na nosa web 🔗 http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/entroido-2025-compadres-e-comadres

Piño únese ao Entroido

Este 2025 estase a preparar unha comparsa para ir ao desfile do sábado de Entroido ao Concello. É a primeira vez que se organiza unha participación dun colectivo bastante xeitoso en canto ao número de participantes. Outros anos temos participado por individual ou unidos a outras comparsas.

Este ano volveremos a ver arder os Compadres e as Comadres en Piño, esta anterga tradición que de momento conseguimos manter.

Ni caridad, ni sentimientos

Na foto do lateral podes ver a información dun suceso ocorrido en agosto do ano 1926.

Consuelo Franco López foi trasladada en coche a LUGO para ser atendida no parto do seu noveno fillo.

Este feito xa chama a atención non soamente pola deshumanización que se atoparon ao chegaren senón pola maneira en que chegaron a Lugo, en coche, naqueles anos.

Podes ler o recorte que me facilitou unha bisneta da señora para si con elo conseguía saber cal fora a súa casa en Piño.

Si tes algún dato podes enviarmo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega