Febreiro 2025

É TEMPO DE ENTROIDOCompadresComadresVén a vivilo!!!

MANIFESTACION POLA LINGUA

O pasado domingo 23 de febreiro, día de Rosalía de Castro, día de reivindicacións da lingua galega en Compostela.

Milleiros de persoas manifestáronse para expresar a súa preocupación pola situación da nosa lingua.

Realmente é penoso constatar que moitas persoas novas, que a súa lingua materna era o galego, igual que a dos seus avós, bisavós e tataravós están na actualidade renunciando a ela e educando e falándolle aos seus fillos en castelán.

Dende a represión franquista este fenómeno xa se estaba producindo nas cidades e agora cincuenta anos da morte do dictador vemos como os nados nos dousmil, nas vilas pequenas e aldeas, educan maioritariamente ás novas crianzas en castelán ocasionando a ruptura coa milenaria lingua do noso pobo.

Por riba disto hai que soportar a diglosia ( situación dun individuo ou comunidade que usa dúas linguas, cando unha das cales, polo xeral a lingua inicial, é considerada inferior á outra, e a lingua con máis prestixio se utiliza nas relacións sociais máis elevadas ou formalizadas).

Eu deposito a miña derradeira esperanza nun futuro de diglosia inversa para o galego, xa que, precisamente, quen comeza agora a falalo adoita ser xente con máis estudos e maior conciencia lingüística. En especial, os neofalantes, que ao chegaren á universidade ou a outros ámbitos de formación descobren a inmensa riqueza que posúen, unha riqueza que os seus propios proxenitores e familiares lles negaron debido a prexuízos e frustracións herdadas dunha sociedade en desenvolvemento e marcada pola ignorancia.

Resalto tamén que o sistema educativo, tanto público como privado, nos primeiros anos de presentación da lingua priva aos cativos do plurilinguismo que pode ofrecer educación limitando a súa formación. Un exemplo disto é: cando chegan estranxeiros con fillos que non saben ler nin escribir e se escolarizan en Galicia, non aprenden o galego porque os profesores non llo falan, nin se preocupan por enseñarllo, pese a que en anos sucesivos van ter un par de asinaturas en galego. (Sempre hai excepcións de xente comprometida coa lingua).

Esta maneira de actuar é moi contraditoria e absurda porque repudia e reprime a unha lingua milenaria, non desenvolvendoa e por outra banda aplícandoa.

A solución non pasa por sacar o galego da escola, senón por intensificar a súa presenza dentro dun contexto lingüístico onde ambas as dúas linguas flúan de maneira paralela. Deste xeito, é posible fomentar a diversidade, que constitúe a verdadeira continuidade dunha cultura e dunha idiosincrasia propias.

Image

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Consulta as bases do Concurso de Compadres e Comadres na nosa web 🔗 http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/entroido-2025-compadres-e-comadres

Piño únese ao Entroido

Este 2025 estase a preparar unha comparsa para ir ao desfile do sábado de Entroido ao Concello. É a primeira vez que se organiza unha participación dun colectivo bastante xeitoso en canto ao número de participantes. Outros anos temos participado por individual ou unidos a outras comparsas.

Este ano volveremos a ver arder os Compadres e as Comadres en Piño, esta anterga tradición que de momento conseguimos manter.

Ni caridad, ni sentimientos

Na foto do lateral podes ver a información dun suceso ocorrido en agosto do ano 1926.

Consuelo Franco López foi trasladada en coche a LUGO para ser atendida no parto do seu noveno fillo.

Este feito chama a atención non soamente pola deshumanización que se atoparon ao chegaren senón no feito de ir a Lugo en coche nalqueles tempos.

Podes ler o recorte que me facilitou unha tataraneta da desafortunada Consuelo, para si con elo conseguía saber a que casa pertencía.

Si tes algún dato podes enviarmo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.