BREVES
Nos últimos días deste xaneiro as treboadas foron protagonistas. Logo dun temporal chamado Herminia os lóstregos e tronidos acompañáronnos ata de noite, un fenómeno meteorolóxico que nin os máis maiores lembran, tronar en xaneiro...
A estrada principal de Piño segue a inundarse coas choivas en varios tramos por falta de mantenemento así como se segue a desfacer por non bachear os ocos que se están abrindo en distintos tramos dela.
Acometéronse traballos de desbroce en moitos sitios da parroquia. Tal e como vos comentei o pasado mes de decembro moitos veciños foron notificados a través do concello para solicitarlles a limpeza do monte nos tramos cercáns ás casas.
Alto ao fogo en Palestina. O día 20 xúntamonos na praza España de Monforte e limos un manifesto. Stop nas matanzas pero moita incertidume para o pobo Palestino.
A vitoria de TRUMP arroupado polos máis poderosos do Planeta atemoriza aos inmigrantes e preocupa á xente moderada a nivel mundial.
Feliz Ano 2025
Nos calendarios inferiores podes observar as árbores forman parte do libro "Unha árbore, un poema e o seu sentir", baseado no horoscopo celta e que publiquei na editorial que dirixo non pasado ano 2024.
No primeiro vése un gran carballo en Piño ademais do Cedro de Veiga San Xiao e do castiñeiro de Hospital do Incio.
No segundo ademais do mesmo carballo, un piñeiro e un paseo de bidueiros, os tres no noso territorio.
Novas dende Piño
Un ano máis que rematou e un novo que comeza.
Espero poder cumplir co obxectivo marcado e non pasar nin un ano máis sin publicar en libro algúns dos contidos publicados nesta web que como ben sabedes cumpre 20 anos neste 2025. Moi pronto comezarei o deseño e maquetación de alo menos unha primeira parte con datos importantes que para moitos non deben de quedar esquecidos.
Quero agradecer o apoio e as visitas a esta Web, os datos dicen que cada mes sodes máis de duasmil persoas as que entrades a ver as pequenas entradas, fotos e textos, que publico.
Sei que sodes moitos os que non compartides a mesma opinión ca min nos temas que trato e agradezo que pese a iso sigades entrando e lendo esas pequenas reflexións e opinións publicas que veño poñendo. Todos temos dereito a pensar diferente polo que o respecto é fundamental para seguir mantendo a cordialidade nas relacións.
Comezo tamén o mes de xaneiro deshabilitando os comentarios ao ver o pouco interese en facelos por parte vosa.
Si nalgún momento queres enviarme algunha suxerencia, comentario ou petición pódelo facer a traves dos datos que figuran arriba á esquerda nesta páxina web, por teléfono ou mail.