A asociación veciñal de Piño, Santa Bárbara, enviou aos veciños a fermosa postal que podes ver na imaxe superior.
Máis cousas
O concello da Pobra do Brollón acabou de mandar máis de 3300 notificacións postais aos propietarios de fincas comunicándolles a obriga de facer a limpeza e roce da biomasa das fincas que teñen preto das casas.
Segundo a propia carta foi no mes de agosto cando sobrevoaron a zona e observaron propiedades que non estaban nese intre limpas. Algunhas delas ainda non se segaran. Hai moitas que agora están limpas e o día da foto non cumpriran coa obligatoriedade.
En todo caso as persoas afectadas teñen un prazo de 15 días dende o recibo da notificación para comunicarllo ao concello mendiante unha instancia xeral indicando o nº de referencia catastral, e si teñen que limpala poden ampliar o prazo tamén do mesmo xeito, mediante unha instancia.
Estas multas son impostas pola Xunta de Galicia a través do Servizo Agrario Galego (SEAGA).
A lei na que se basea estas medidas e a Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia.
Mediados de mes
🔴 O luns 16 mobilizámonos de novo en 35 localidades da Galiza. Mentres o imperialismo sacude a rexión, da Siria ao Iemen e do Líbano ao Irán, tencionando isolar Palestina, seguimos a defender nas rúas que a liberdade dos pobos pasa pola liberdade da Palestina #GalizaconPalestina
Mediados de mes
Este día 15 de decembro miles de persoas xuntáronse en Compostela para manifestarse en contra da macro Celulosa que quere implantar unha empresa Portuguesa coa axuda dos partido que goberna a Xunta de Galicia.
Por outro lado, na nosa parroquia hoxe tiveron reunión da CMVM onde se trataron os puntos da orde do día que estaban previstos. Unha reunión moi amena e participativa. Polo momento non se chegou a ningunha solución para o monte. Temos que esperar nos vindeiros meses si realmente vai a vir o cobro dunha tasa por ter os montes en terreo de regadío.
Unha parte moi importante, posiblemente máis da mitade das terras da parroquia, atópanse en zona de regadío. Dese regadío que se construíu no ano 1970.
O pago dunha tasa fixa e anual,, por parte dos propietarios, por hectárea, por estar nese lugar, é inxusto.
Veremos o que acontece nos vindeiros meses.
Novas de Piño
En Piño este Nadal hai moita ilusión por parte dos veciños pois estiveron traballando en facer ornamentos para decorar o lugar.
A iniciativa dos veciños de Mosteiro parece que prendeu nas aldeas dos redores e agora na nosa Parroquia únese a este espirito navideño.
Por outra banda quero comentar que na reunión do mes pasado da CMVMC tomouse a decisión de reactivala e intentar facer algo.
Espero que así sexa. Este mes de decembro hai unha nova reunión onde van a tratar temas de interese para o aproveitamento dos comúns e tamén falar do tema do Regadío do Val de Lemos.
Información sobre o REGADÍO DO VAL DE LEMOS
Hai rumores de que van a cobrarlle a todo o mundo que ten terras na zona de regadío.
No estudio que podes ver na ligazón superior hai intencións de facer algo pero claramente non propoñen nada, unicamente contaron as parcelas e miraron cantos eran os propietarios, eso a meu modo de ver non indica que vaian a cobrar nada, polo menos polo momento, tampouco tería sentido, recoñecendo a pésima situación na que se atopan as infrastucturas.
Visto lo visto, que non hai agricultura, nin xentes propietarias de terras en regadío que vaian a traballar ou alugar porque non hai interese por parte dos que deciden como e onde, eu faría outra cousa.
Primeiramente arranxar o camiño de servidume do regadío que vai dende Vilasouto ata Monforte pasando por PIÑO e a PARTE creando un lugar de paseo e de ruta de bicicleta, isto daríalle á Ribeira Sacra unha alternativa de ocio atractiva pois este tramo ten unhas fermosas paisaxes.
Mentres isto ocorre poderían ir amañando as infraestructuras, entubar a canle principal e renovar todas as canaletas.
Unha vez feito esto quizais a alguén lle interesaria cultivar productos da horta galega nas terras de Regadío do Val de Lemos e así poderían alugar as terras todos aqueles que na actualidade as teñen aparcadas.
Penso que estou lexos de ver a pista arranxada e as terras cultivadas de novo pero non quero perder definitivamente a esperanza de podelas ver así como vos contei.
Que ganas teño de ir na bici ata Monforte, como non fai tantos anos, que agora non podo nin ir ao Xuncal pola situación da pista.
Si dependera de min e tivese unha cantidade de diñeiro que mo permitise invirtiría na agricultura do Val de Lemos, crearía unha empresa de producción de produtos da horta e crearía riqueza para a comarca, pero non depende de min nin de ninguén con algo de cartos. Creo firmemente que as multinacionais son as que toman este tipo de decisións.
Nos super vemos Boniatos de Estados Unidos, Aguacates de Perú ou calquera outro páis de latinoamerica e non distribuen os produtos españois.
Inquedanzas
O Día Internacional pola erradicación do VIH deste 2024 non foi moi festexado no meu entorno e eu casi nin me decatei que caía a domingo. Sempre terei aos amigos e coñecidos que morreron desta enfermidade na memoria. Juan José, Ricardo e a miña compañeira de servicio Mireia. E cantos morreron dos que me lembro e cantos se lembran da Rocío que era. A transformación continua do mundo estase realizando a unha velocidade incríbel e nós soamente podemos percibir... algúns.... algúns pequenos cambios que nos van moldeando día a día.
O día dous fun a unha manifestación en repulsa do exterminio do pobo PALESTINO, onde os que quedan están atravesando unha tráxica realidade. Non había case ninguén porque Monforte é unha cidade moi pequena e non hai ganas de expresar publicamente á repulsa ao asasinato indiscriminado de persoas de carne e óso como nós. Por non mirar a realidade de frente non vai deixar de realizarse e as consecuencias de non intervir serán a nosa destrucción como humanos.
Nestes momentos dende fai días non teñen absolutamente nada que comer e están amputados, sen menciñas nin anestesias, morrendo da peor das maneiras que pode morrer unha criatura.
Así que amig@s non che hai moito que dicir, que non vexamos cos nosos propios sentidos e penso que sodes moitos os que pensades de igual modo.
Dame moito agoiro contemplar o escenario e non ter dereito a intervir e non soamente no mundo global, senón no que máis me importaba, o do meu pobo. Síntome marxinada como muller en moitos ámbitos do lugar e tamén sinto que non quero retroceder nin un paso pa tras nas conquistas feitas polas miñas devanceiras, guerreiras coma min.
En canto ao feminismo direivos que eu non vou a deixar de defender o respecto e o amor por riba de calquera acto de maldade. A muller é unha criatura distinta do home e combinan á perfección pero é fundamental o respecto e a igualdade en dereitos e obrigacións. Saímos ás rúas a berrar que non se maten mulleres e seguen matando mulleres e nenos e o máis lamentable é que hai mulleres que se poñen a favor dos victimarios. A realidade é que asasinan mulleres porque é o xénero máis débil fisicamente, polo xeral aínda que sempre hai excepcións. Á hora das estadísticas vese claramente que a mal parada é a muller.
E pouco máis, amigo lector, o cotidiano, pero hai solidaridade , ainda a hai.. e eu son solidaria, e ti?