Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Outubro 2024

FESTEXO POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O sábado 26 de outubro na casa de turismo rural de Salcedo A SALANOVA acolleu o xantar anual que celebra o colectivo LEMOSLE por décimo ano.

A este xantar asisten persoas vencelladas coa lectura e a educación coa intención de reinvindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e punto de información e recursos.

Xa que o Día das Letras Galegas 2025 estará adicado ás cantareiras e á tradición oral, este ano contouse coa colaboración literaria do colectivo ERRE QUE ERRE. REGUEIFA RABUDA que é un colectivo que pretende manter viva a tradición oral das regueifas e do brindo na Pobra do Brollón.

FOLIADA GUÍMARA EN PIÑO

O sábado 26 de outubro a Fonte da Vila foi protagonista da xornada. Ao lugar acercouse unha das fugo de comida do programa da Xunta Galicia Sabe Amar, que trata de acercar á cidadadanía o consumo dos produtos do mar impulsando a súa venda e poñendo en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Ainda que ao principio estaba previsto que estivese na Pobra os responsables do concello derivarona a Piño porque ás oito da tarde estaba prevista unha xornada Guímara onde o recoñecido músico e escritor Xurxo Souto presentaría o se libro "Somos un pobo de artistas" aos veciños do Concello.

Así que dende as seis da tarde foron moitas as persoas que se achegaron ao lugar e puideron degustar tapas como as da fotografías.

No video podedes ver ao grupo de tocadoras e cantadoras LAGHÁCHEMA que animaron a foliada.

Foron moitos os que se animaron a bailar e desfrutar do resto do evento incluindo o caldo co que para a ocasión agasallaron dende a Asociación Veciñal Santa Bárbara de Piño.

Evento do Concello

Este pasado domingo 20 de outubro no pavillón municipal do noso concello da Pobra do Brollón déronse cita máis de 300 veciños na comida de fraternidade que anualmente se vén celebrando dende hai 14 anos.

Comida a encher e agasallos para todos acompañados da música dos membros da escola Samoeiro.

Nas fotos podes ver a me pai Fernando de Peruchela, o Pepe do Galgo no medio e un veciño.

A outra foto é unha vista xeral onde se ve ao noso alcalde de espaldas e a membros da organización.

Info de redes sociais.

Evento do Courel

Este pasado sábado 19 de outubro fomos a Vilamor do Caurel, á Cova da Moura, con Fina López Sueiro e unha ducia de amigos que se aventuraron a chegar ao lugar pese que o día estivo de auga continua.

O libro é unha escolma poética, da autora de Ferreira, onde cada poema está adicado a unha das árbores do horoscopo celta.

Nesta obra hai fotos de árbores de Piño, Mosteiro, Veiga, Monforte, Quiroga e Pombeiro, lugar de orixe de Fina Maciolas.

Podes ver o reportaxe do evento na seguinte ligazón https://libreriapelayo.com/index.php/presentacion-libros/19-de-outono-vilamor

DIA DO PILAR

Boas.

Tedes que perdoar que comparta con vos os borradores. Ás veces os escritos que vou a repasar e correxir ao día seguinte quedan aquí varios días e semanas ata que volto acadar un momentiño para facelos máis entendibles. Supoño que logo de case 20 anos escribindo nesta web, xa me coñecedes.

A primeria semana do mes fixeron as cunetas da estrada principal de Piño. Unha vergonza, facelas tan tarde. Cando máis se necesitaba, porque estaban as herbas frondosas e supoñían un perigo para a circulación, na época estival, tívose abandonada e agora coas herbas moribundas faise a destempo.

Esta é solo unha das cousiñas que pasaron estes días.

Outras Novas:

Hai un obradoiro de veciños facendo adornos para o Nadal e tamén clases de Taichí no Local Social.

O vindeiro sábado 19 de outubro presentación do libro de Fina Maciolas, Unha árbore, un poema e o seu sentir. Este libroten moitas das árbores do horoscopo celta, fotos de moitas delas atópanse no noso territorio e na contorna, logo ten dunha descripción das cualidades das persoas nadas baixo influencia desa árbore e un poema que complementa .

Lamentablemente a data desta presentación que está prevista dende hai máis dun mes coincide coa visita dunha das mellores poetisas de Galicia, premio nacional o ano pasado, Yolanda Castaño, que estará á mesma hora e o mesmo día na casa da cultura do noso concello.

O local social de Piño tamén acollerá o sábado 26 a presentacion do libro SOMOS UN POBO DE ARTISTAS de Xurxo Souto, editado por Xerais, acto organizado polo concello dentro da programación das Foliadas Guímaras. Ao remate un caldiño quente para os asistentes, como vén sendo costume.

Comezou outubro

Comezamos o mes con choiva e calor o que fixo agromar moitas setas. Eso é perigoso porque de non coñecerse ben pódeste envelenar a ti mesmo.

Hoxe agasalláronme cunhas cerrotas pero entre elas había varias non comestibles que che poden dar unha boa dor de barriga e senón causarche incluso a morte, coma nun capítulo de Vikingos Valhalla.

En canto á realidade, o máis lamentable é constatar que, pese á experiencia adquirida polos seres humanos nestes milleiros de anos, continúase pasando por riba do dereito  á vida de todos os nosos semellantes. Cada día a especie humana vólvese máis destructiva e radical.

A radicalización está de moda e non é de estrañeza  coa influencia dos medios externos que envolven a nosa vida cotiá. Dependendo o que mires ou oigas así te formas unha opinión do entorno. Analizar á información para absorver soamente o positivo dela e detectar o fraude e o mal uso da linguaxe. A praxis maligna da manipulación mental é habitual no entorno cibernético no que vivimos dende este primeiro cuarto de século onde xa deixamos atrás o mundo analóxico.

AS grandes empresas e corporacións dirixen a ruta do destino de millóns de persoas. Estamos sometidos ás decisións xeopolíticas dun grupo dirixente sectario.

Os medios de comunicación (información, desinformación), radio,  prensa, televisión e Internet sempre ao servicio do Capital.

A realidade é que están invadindo países e matanto e exterminando aos habitantes orixinais do lugar e estámolo presenciando en directo. Uns cóntano dunha maneira e otros doutra.

Están tamén,  de paso, elimando todas as árbores e mananciais, poñendo muíños de vento na cima das montañas onde nace a auga.

Envelénannos o aire e queiman países enteiros. Cada ano un. O negocio do lume negóciase en altas esferas onde cada ano deciden que país queimar, Galicia, Portugal, Grecia, Francia, Italia, Brasil, Chile... todos afeito.

 

No hay comentarios