Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Xuño 2024

Novas de mediados de mes

A primeira semana de xuño nubrada e ameazante de choiva pero sen chover e dende que comezou a segunda semana do mes o que pasou e que non para.

Recibimos nunhas horas o verán dando Fe de que xuño de 2024 non está sendo un mes quente.

Comezou o mes celebrando o Corpus na Pobra do Brollón.

O Corpus e o San Antonio, en Piño quedaron para a lembranza. Íamos con Don Manuel, Elvira, Marisa, Tina, Remedios e moit@s máis en procesión......

Mes do San Antonio onde o millo non se acochou porque o sementando en San Xurxo non naceu e tivemos que botalo casi a finais de maio polo que ainda lle faltan uns días.

Nestes días de xuño de 2024 ademais de remetar a acometida da luz ao local social o concello tamén mudou o poste da luz da Moradella, xa que cando se instalou non foi no sitio correcto polo que tiveron que movelo.

Os novos propietarios do antigo CAFÉ remataron de pechar a finca que limita coa estrada perdéndose deste xeito a visibilidade da curva e é de obrigado uso o espello colocado para tal efecto. Hai moita moda de facer os feches con hedras e en Piño están chegando tamén esas tendencias.

Rematadas as obras da acometida de corrente ao local social

DIMISIÓN DA DIRECTIVA DA ASOC. VECIÑAL SANTA BÁRBARA

O 30 de xuño os socios da Asociación Veciñal Santa Bárbara de Piño tiveron unha reunión convocada polo Presidente ata a fecha, José Luis Parada.

Na orde do día estaba reflectido este asunto como tamén a posibilidade de que houbese candidatos para a renovación.

Segundo fontes que acudiron a dita reunión vencellados con esta asociación na mesma xornada xurdiron candidatos e ocuparon os postos que quedaron pendentes alo menos para os vindeiros catro anos.

Fallece da casa de Xacobe

A sra. Manuela Somoza, residente en Rivas Pequenas e natural de Piño da casa Xacove finou o pasado día 24 de xuño.

As súas cinzas foron levadas á nosa igrexa parroquial o martes 26 onde se celebrou unha misa por ela. D.E.P.

NOVIDADES

O mércores 5 de xuño á casa da cultura do Concello da Pobra do Brollón asistiron numerosas persoas que se interesaron pola información sobre o proxecto de ALTRI, na nosa provincia. A ponente foi a hidróloga e doutora en xestión de recursos hídricos, Ana Fdez Santamariña.

As consecuencias ambientais deste proxecto teñen unha grande importancia tanto na poboación como nas especies animais e vexetais da contorna.

Veríase afectada a D.O. do queixo de Ulloa, porque a instalación está prevista na zona que se desenvolve esta actividade gandeira que a converte nun referente gastronómico.

Pasa ademais moi preto do camiño de Santiago e contempla a expropiación forzosa de centos de parcelas agrarias.

A maioría absoluta na Xunta de Galicia da pouco marxe de maniobra. Ainda que a Unión Europea non lle poda dar os fondos porque dito proxecto incumple alo menos 3 dos 6 puntos que ten que cumplir obrigatoriamente para recibilos, os políticos xa están estudando de onde os sacan.

Pasan por enrriba dos dereitos das persoas que viven do lugar, xente que precisa da auga dese río para abastecerse, para o seu consumo, varios concellos son os que beben do Ulla.

A curto prazo hai convocadas máis protestas.

No hay comentarios