Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Nadal 2024

O Día Internacional pola erradicación do VIH deste 2024 non foi moi festexado no meu entorno e eu casi nin me decatei que caía a domingo. Sempre terei aos amigos e coñecidos que  morreron desta enfermidade na memoria. Juan José, Ricardo e a miña compañeira de servicio Mireia. E cantos morreron dos que me lembro e cantos se lembran da Rocío que era. A transformación continua do mundo estase realizando a unha velocidade incríbel e nós soamente podemos percibir... algúns.... algúns pequenos cambios que nos van moldeando día a día.

O día dous fun a unha manifestación en repulsa do exterminio do pobo PALESTINO, onde os que quedan están atravesando unha tráxica realidade. Non había case ninguén porque Monforte é unha cidade moi pequena e non hai ganas de expresar publicamente á repulsa ao asasinato indiscriminado de persoas de carne e óso como nós. Por non mirar a realidade de frente non vai deixar de realizarse e as consecuencias de non intervir serán a nosa destrucción como humanos.

Nestes momentos dende fai días non teñen absolutamente nada que comer e están amputados, sen menciñas nin anestesias, morrendo da peor das  maneiras que pode morrer unha criatura.

Así que amig@s non che hai moito que dicir, que non vexamos cos nosos propios sentidos e penso que sodes moitos os que pensades de igual modo. 

Dame moito agoiro contemplar o escenario e non ter dereito a intervir e non soamente no mundo global, senón no que máis me importaba, o do meu pobo. Síntome marxinada como muller en moitos ámbitos do lugar e tamén sinto que non quero retroceder nin un paso pa tras nas conquistas feitas polas miñas devanceiras, guerreiras coma min.

En canto ao feminismo direivos que eu non vou a deixar de defender o respecto e o amor por riba de calquera acto de maldade. A muller é unha criatura distinta do home e combinan á perfección pero é fundamental o respecto e a igualdade en dereitos e obrigacións. Cando saímos as rúas a berrar que non matedes mulleres e seguides matando mulleres e nenos  e ainda hai mulleres que  nos atacan e que se poñen a favor dos victimarios.  A realidade  é que asasinan mulleres porque é o xénero máis débil fisicamente, polo xeral aínda que sempre hai excepcións.  Á hora das estadísticas vese claramente que a mal parada é a muller.

E pouco máis, amigo lector, o cotidiano, pero hai solidaridade , ainda a hai.. e eu son solidaria, e ti?

Outubro 2024

Comezamos o mes con choiva e calor o que fixo agromar moitas setas. Eso é perigoso porque de non coñecerse ben pódeste envelenar a ti mesmo.

Hoxe agasalláronme cunhas cerrotas pero entre elas había varias non comestibles que che poden dar unha boa dor de barriga e senón causarche incluso a morte, coma nun capítulo de Vikingos Vanhala.

En canto á realidade, o máis lamentable é constatar que, pese á experiencia adquirida polos seres humanos nestes milleiros de anos, continúase pasando por riba do dereito  á vida de todos os nosos semellantes. Cada día a especie humana vólvese máis destructiva e radical.

A radicalización está de moda e non é de estrañeza  coa influencia dos medios externos que envolven a nosa vida cotiá. Dependendo o que mires ou oigas así te formas unha opinión do entorno. Analizar á información para absorver soamente o positivo dela e detectar o fraude e o mal uso da linguaxe. A praxis maligna da manipulación mental é habitual no entorno cibernético no que vivimos dende este primeiro cuarto de século da era ... desta era cibernética. Deixamos atrás o mundo analóxico.

Os medios de comunicación, radio,  prensa e televisión coa complicidade de Internet e das grandes empresas e corporacións que dirixen a ruta do destino de millóns de persoas, seres que supeditan a súa esistencia as decisións xeopolíticas que un grupo sectario dirixe.

Póñense de acordo no que van a falar mañá e de canto tempo van estar falando da mensaxe en enviarlle á poboación e a cada un chégalle sobre todo o que quere oir.

A realidade é que están invadindo países e matanto e exterminando aos habitantes orixinais do lugar e estámolo presenciando en directo. Uns cóntano dunha maneira e otros doutra.

Están tamén,  de paso, elimando todas as árbores e mananciais, poñendo muíños de vento na cima das montañas onde nace a auga.

Envelénannos o aire e queiman países enteiros. Cada ano un. O negocio do lume negóciase en altas esferas onde cada ano deciden que país queimar, Galicia, Portugal, Grecia, Francia, Italia, Brasil, Chile... todos afeito... hoxe xa é maña´.