Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Agosto 2023

REMATA AGOSTO 2023

As festas do san Xil en Bóveda e a super  Lúa Azul remata o mes de agosto.

Despois da polémica que suscitou a publicación neste espazo do comentario das contas da Santa Bárbara 2023 quero primeiramente  expresar que en ningún momento foi a miña intención crear o mal ambiente que se creou  e pido perdón polos malentendidos causados coa información publicada.

Do mesmo xeito quero deixar aquí exposto o meu malestar coa actitude dalgunha/s persoa/s. Sementar discordias tanto no meu entorno familiar como  nun grupo público de whatsapp premeditadamente é unha gran falta de respecto hacia todos os implicados.

Polo acontecido  o contido censurado por ditas manifestacións non estará público.

Despido o mes recordándolle a calquera persoa que xestione os cartos públicos, de todos, que a súa obriga e facelo con dilixencia e exactitude ademais de publicalo nos espazos habilitados para iso. 



23 de agosto do 23

O día 15 de agosto, festividade nacional, día da patrona de PIÑO, non houbo misa na igrexa parroquial. Esta é a primeira vez  da que hai datos en que non se celebra. Algúns veciños sentímonos tristes polo rompemento con esta anterga tradición.

O alcade do Concello, Xosé Lois Maceda Vilariño, respostou a instacia enviada fai uns días decindo que dende o Concello accedían a cursar a petición e que proximamente acometerán as labouras de limpeza da vía.

Instancia Presentada

O 16 de agosto quedou presentada a instancia solicitándolle ao concello a inclusión da vía que vai dende Suortos ata a Fonte dos Curas, no Castro.

Asinaron máis de coarenta  persoas e quedaron moitas sen firmar por ausencia  no momento e falta de tempo meu.

En todo caso os veciños de Suortos agradeceron a iniciativa e están desexando ver o carreiro limpo. 

Esperamos que o ano próximo puidamos desfrutalo tod@s.

Contas das Festas da Santa Bárbara 2023

CONTIDO CENSURADO

Xantar de verán no Local Social da Fonte da Vila

O 19 de agosto no local social da Fonte da Vila houbo un xantar organizado por os ramistas das festas da Santa Bárbara.

Mais de setenta asistentes desfrutaron dun bon xantar e da música na sobremesa e ata a noitiña.

PIÑO non ESTÁ PREPARADO

BREVE
Un verao mais os lugares turísticos dos que dispón a nosa aldea non están acondicionados para ser visitados porque as labouras de mantenemento das vías pecuarias non se realizan por parte de ningún organismo.
Resulta moi vergoñento non poder visitar os lugares e miradoiros da nosa parroquia porque non hai unidade nin interese por case ningún dos veciños residentes no lugar .

IMOLO PREPARAR

SOLUCIÓN 
Poñerlle coto a tanto abandono.
Vou remitir unha instancia ao concello da Pobra do Brollón para solicitarlles que fagan o que estea da súa man para manter  a ruta paisaxistica de Piño aberta e limpa todo o ano.
A onde non entren as máquinas que se desbroce a man pero non podemos permitir que ano tras ano esto non mellore.
Nestes días pasarei polas casas para que todos aqueles que queirades asinar a escrita  e deste xeito avaledes a solicitude.

instancia

Solicitude que se lle vai mandar ao concello.

trampas de velutinas

A VELUTINA NON DA TREGUA

PLAGAS 

Estes días están a observarse moitos balóns de velutinas en Piño. 
Tiveron que vir os bombeiros de Monforte a retiralas dunha vivenda e nalgunha outra están á espera de que veñan.
Outro veciño que as tiña no patio de bloques empregou o soplete  para estoupar o balón. 
Segundo nos contou en 2 segundos esplosionou cos bichos que cotiña no seu interior.
A carón da Fonte de Lugo tamén se escoitan traballar e xa derón parte para que o veñan reducir.
Xa non producimos mel en Piño. As velutinas acabaron con todos os enxamios. 
As pestes son cada ano máis frecuentes e agora tamén se observan que aos carballos lles está chegando. Vénse moitos xa con tódalas follas secas. 

Alt Text
Un bando do concello da Pobra do Brollón informa a todos os veciños na necesidade do consumo responsable da auga tanto das traídas municipais como as de autoabastecemento propio.
Alt Text
O concello da Pobra do Brollón segue a promover durante todo o verán eventos de dinamización turística para dar a coñecer algúns do lugares máis enxebres do seu territorio,

50 anos do Colexio Público da Pobra do Brollón

Fai uns días no colexio Público da Pobra do Brollón fíxose unha pequena xuntaza para celebrar os 50 anos do centro.
O pasado día 5 de agosto no FOGÓN de Cereixa xuntábamonos casi 170 ex alumnos nun xantar  de confraternidade onde puidemos falar e reencontrarnos con ex profesores e compañeiros  cos que facía moitos anos que non compartiamos momentos.
De Piño asistimos varias persoas das que estivemos no centro. Podes ver algunha das imaxes do evento.

No hay comentarios