ELECCIÓNS XERAIS 2023
Domingo, 23 de xullo, día das eleccións xerais. Na mesa de Eixón con 204 electores. Nas anteriores eleccións municipais celebradas en maio había un total de 208 así que tivemos unha baixada de 4 persoas no censo.
Tocoume estar na mesa como vocal. Pouco a pouco se foron acercando a exercer o seu dereito a voto moitos dos meus veciños. Estes foron os resultados en votos en ámbalas dúas eleccións: BNG 122 nas municipais e 13 nas xerais.| PSOE 7 nas municipais - 52 nas xerais | PP 35 nas municipais e 67 nas xerais | 4 Sumar nas Xerais | 4 Vox nas Xerais| 1 Pacma nas Xerais | 1 Branco tanto nas xerais como nas municipais.
O indice de participación da mesa correspondese co do resto de España, arrimando ao 70%. Os votantes menores de 30 anos desta mesa representan pouco máis do 5% dos votantes mentres que os maiores de 60 anos son máis dio 60% sendo destes un 10% son maiores de 90.
A persoa de máis idade censada nesta mesa ten 104 anos e o votante censado máis novo 22 anos.
Analizando os votos da mesa obsérvase que o panorama descrito é practicamente o que se deu en toda ESPAÑA. A división dos bloques de Dereita e Esquerdas queda máis sinalado e practicamente empata ainda que como de costume o voto de esquerdas máis dividido e o dereitas concentrado como ven sendo habitual.
Os case 18000 votos de CS de 2019 e 3000 que perdeu Vox neste 23J levaos o PP.
Inda esí vánselle 10000 votos á esquerda, seguramente de votantes indecisos que se deixaron manipular polos medios.
Paseo por VEIGA, o día do CARME
INAUGURACIÓN ALBERGUE
Xosé Lois Maceda Vilariño, alcalde do BNG do Concello da Pobra do Brollón presentou o novo ALBERGUE e a súa xerente, que o será durante o próximo bienio.
Ao acto tamén asistiron, como se pode escoitar no audio do vídeo, diferentes personalidas vencelladas co camiño de Inverno e o Turismo na Ribeira Sacra.
Fomos moitos os que nos xuntamos no evento que se celebrou o sábado 15 de xullo ás 20hs. Estaban os lideres do PSOE e os do PP na Pobra misturados coas numerosas personas asistentes, amigos e coñecidos desde fai moitos lustros.
Anabel, a responsable do Albergue, é filla dos donos do antigo Restaurante e Residencia "As Viñas"; coa súa irmá Sandra van a xestionar o lugar. Quixemos acompañalas nun día tan importante tanto para elas como para todo o concello.
Este novo espazo municipal, logo dunha durísima final de etapa nas costas da Labrada, ofréceselle ao peregrino que ven dende Quiroga para que faga noite na vila.
Características
Produtos da zona como mel, doces e artesanías poderan adquirir todos aqueles peregrinos que queiran quedarse na nosa vila a pernoctar
Máis cousas
VIII Feira GuímaraRevoltaXantarXogos PopularesConcertosna Pobra do Brollón
Retrato da VII Edición
Houbo unha representación dunha pequena obriña "O Piñeiro Máxico" por parte dos nenos que asisten ao Obradoiro de Teatro que impartiu estes meses a Pregoeira no Concello. Non publico nin as fotos ni os vídeos por petición dela xa que non tiña asinados todos os dereitos por parte dos pais.
Artesanías, produtos da zona e ata venda de versos como outrora. NOA MOREIRA foi pioneira en recuperar esta antiga tradición e traela para o Século XXI.
Eventos do Verao
_____________________________
Un ano máis o concello da Pobra do Brollón organiza e subvenciona en parte viaxes as praias galegas. Esta iniciativa que levan tendo moi boa acollida entre os veciños do concello é unha das actividades na que poden participar persoas de tódalas idades e que nos da a oportunidade cada verán de ir a desfrutar do noso mar.
Estrada Perigosa nas Pontes
O continuo paso de trailers que amplamente superan as 20toneladas para as que está limitada a estrada é unha das posibles causas da desfeita.