Mercado Circular da Pobra do Brollón
O mercado circular celebróuse o pasado domingo día 25 de xuño. Antiguedades, artigos de segunda man, artesanía, viño e produtos da horta, artigos de papelería e libros foron alguhas das cousas que se atoparon os que ata alí se acercaron.
Ás 13hs diante da praciña do Concello un espectáculo de rúa da man de JANO, (Novo Circo) fixo as delicias dos alí presentes. Deseguido un bon xantar puxo fin a unha xornada máis do Mercado Circular,
Esta iniciativa que xa comezou o ano pasado promove as relacións entre os veciños e o mercado de cercanía.

40 anos de LEMAVOS
O pasado día 24 foi o 40 ANIVERSARIO da asociación folclórica LEMAVOS.
Dende 1983, Ana Torres Vázquez e Antonio Fernández Milo, ( Ana e Milio) levan enseñándolle a bailar a varias xeracións de rapaces.
Foi unha velada onde acudiron máis de cen persoas entre alumnos, ex-alumnos e familiares.
A inscripción do vindeiro curso será a primeiros de outubro tendo que dirixirse ao círculo Vitoria todos aqueles interesados. Ademais de baile imparten clases de pandereta, pandeiro, canto, tambor e bombo.
Os festivais e actos nos que actúan son moi variados.
FOLIADA DE SAN XOÁN
En Piño xa fai uns anos que non facemos unha festa polo San Xoán.
Este ano os nosos veciños de SAN XOÁN de Abrence fixeron un convite público para ir a celebrala festa con eles.
Foron moitas as persoas que asistiron e moitas outras as que non puidemos ou tiñamos comprometido o día.
Sardiñas e baile tradicional para festexar o solsticio de verán.

17 de xuño
O pasado día 17 de xuño cnstituíse no pleno de investidura a corporación do Concello da Pobra do Brollón, cun goberno nacionalista encabezado por Xosé Lois Maceda Vilariño.
Foi unha investidura marcada pola indignación provocada por un erro administrativo que fixo que a corporación que tomou posesión non reflicttiu a vontade popular.
Tomaron posesión só 5 concelleiros dos 6 que quixeron os e as votantes.
Quedou constituído por Xosé Lois Maceda Vilariño, Manuel González Moreira, Ricardo Rodicio González, Josefa Rodríguez Rodríguez e Óscar Rivera López.
Dende o BNG seguirán a traballar para resolver esta inxustiza por todos os medios posibles e que a candidata número 6, Noelia Besteiro Balado, poida ocupar o lugar que lle corresponde
Foto Facebook BNG A POBRA DO BROLLÓN
O Slam Poetry de BÓVEDA
Xa se celebrou o 2 slam a golpe de verso o pasado 27 de maio, o 1º foi en marzo.
Si queres participar como público ou ben recitando as túas creacións podes facelo.
Primeiros de Xuño
Xa non se fala do COVID pero non por iso desapareceu e son moitas as persoas como o noso veciño que sofren as consecuencias deste virus que nos ataca a todos ainda que de distinta maneira.
Nestes días están poñendo en Piño máis cables de telefónía, de fibra. Cada empresa privada pode poñer o seu propio tendido o que está convertindo ao noso pueblo nun lugar moi inseguro para paracaidistas ;=)))). Usan os postes de telefónica para poñer o seu cable . Podes ver na imaxe como de dificil se está poñendo mirar un ceo despexado en Piño.
Para min todo esto es un sin sentido que ten moi pouco recorrido. Tamén o é a instalación da luz no local social do xeito que se está contemplando, facer inversión e adquirir unha obriga de pago mensual.
E digo eu, a ninguén máis se lle ocorren unhas ideas mellores??. Non hai posibilidades de que , no caso do local social, cunha mesma inversión en vez de ser unha hipoteca se convirta nun beneficio para o pobo? E si por exemplo instalamos unhas placas solares que revertan o producido ao tendido e que nos devolva esa corrente cando a necesitemos, non sería un proxecto máis óptimo, moderno e pensado a longo prazo, incluso producindo ingresos??
Tal e como están pensado en facer o proxecto eu non o comparto nin o apoio. Son unha veciña máis e pronúnciome publicamente en contra desa idea, dese pago e tamén de calquera cesión do local ao Concello. O local é noso, debémolo xestionar nós, o Concello debe promover talleres e actividades para desenvolver nel pero sendo como digo as persoas que vivimos en Piño as que o xestionemos completamente. .
Obviameente estou desexando ver alternativas.

REUNIÓN DE VECIÑOS
A directiva actual da Asociación Veciñal de Piño Santa Bárbara convocou unha reunión no local social para tratar os temas que figuran na orde do día.
Á reunión celebrada o pasado domingo día 18 de xuño asistiron numerosas persoas da parroquia e socios. Trascendeu que nela se trasladou un presuposto de 4000 euros por parte dunha empresa para facer o proxecto da luz do local social e a levada da acometida ata o lugar. Faltan agora recibirse os presupostos de 3 empresas máis. Parece ser que o concello aportará a mitade do custo para dita instalación.

OBRAS DE REELECTRIFICACIÓN
Os primeiros días do mes remataron de pulir a cuneta onde estiveron traballando na instalación do novo "transformador"....