RESULTADOS 28M
O BNG foi o partido máis votado nestas eleccións municipais 2023. Foron 578 persoas as que depositaron unha vez máis a súa confianza no actual alcade D. Xosé Lois Maceda Vilariño. Ainda que foi o claro gañador sí é verdade que tivo 99 votos menos que nas celebradas en 2019. Son 93 votos que gañou o PP que sube dos 188 votantes de 2019 aos 281 de 2023 o que lle fai subir de 1 a 2 concelleiros. O PSOE consegue 252 votos, 51 menos que en 2019. Aumentaron os votos nulos (22) e os votos en branco (13).
Este pasado luns 29 de maio compareceu nas redes sociais o alcalde valorando que a participación se incrementara un 3% con respecto a vez anterior. A comparecencia foi motivada polo cálculo erróneo do número de concelleiros porque os medios de comunicación publicaron que o PSOE quedaba con 2 e eles con 5 e parece ser que pasasaría a quedar o PSOE soamente con 1 e eles subirian a seis. En todo caso o noso alcade explicou que o día 31 se verían reflectidos os datos correctamente.

Fin de Campaña - Municipais 28M
O venres 26 de maio na casa da cultura do concello da Pobra do Brollón remata o BNG a campaña eletoral coa intervención da Deputada do Parlamento de Galiza Noa Presas e o candidato a alcaldia Xosé Lois Maceda.
O acto de presentación dos candidatos correu a cargo de Xavier Monterde, veciño de Piño.
Decenas de persoas asistiron ao acto onde Lois informou tanto da débeda real do concello como do montante do seu soldo. Tamén falou dos adversarios polítcos criticándolle ao PP a pouca ocurrencia á hora de facer o programa eletoral e ao PSOE a ausencia nos plenos. Podes ver no video momentos dos evento.
Logo do mitín o BNG invitou aos asistentes a uns pinchos na Vella Tarberna.
Atopábanse no entorno os candidatos tanto do PP como do PSOE que viñeron este venres en pleno a Pobra a deixarse ver e tentar conseguir algún voto máis.
MOITA SORTE PRA TODOS!!!

CAMPAÑA ELECTORAL
O pasado día 12 de maio, venres, na casa da cultura do concello da Pobra do Brollón, mitin do PP. No acto participaron: o cabeza de lista pola Pobra, Teddy López; o concelleiro Francisco Conde e José M. Balseiro.
Ó día seguinte, sábado 13 de maio, no restaurante 1º de Maio, acto de presentación do equipo do PSOE liderado por Adolfo Rubio candidato a alcaldía. Estiveron tamén D. 𝗝𝗼𝘀é 𝗧𝗼𝗺é 𝗥𝗼𝗰𝗮, Presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos e 𝗟𝘂𝗶𝘀 Á𝗹𝘃𝗮𝗿𝗲𝘇 𝗠𝗮𝗿𝘁í𝗻𝗲𝘇, voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia.
O mitin do BNG será o último en celebrarse e terá lugar o venres día 26 de maio.
Fotos Facebook e Peruchela
Fotos Facebook e Peruchela
GRANDES FESTAS
Xa lucen os carteis da festa de Piño deste 2023.
Panceta e viño, orquestras, colchonetas, gaiteiros e misa solemne con procesión e folión.
Ás nove en punto sonou o cohete de inicio da festa. A pancetada arrincou á hora prevista e as dez da noite a orquestra Solara comezou a súa actuación.
Música en directo, música para bailar. Un respertorio con coñecidos temas de salsa, bachata e merengue. Rematou a noite cun tema de Nirvana á unha da mañá.
Temos un grande privilexio poder contar con artistas, do calibre que teñen aqueles que o dan todo, cando veñen a unha pequena aldea a tocar como si o fixesen para milleiros de persoas.
Moitos coma min, sen estar no campo estabamos na festa.
No momento do folión moitos foron os recordos que se viñeron á cabeza. Primeiramente darme conta que dende antes da pandemia non volverá haber folión, era o primeiro post-pandémico.
Deseguido os chupinazos que se ían sentindo eran como golpes de dor que me facían sentir as ausencias dos que xa non están con nós, como tamén unha empatía cos que noutros sitios do Planeta teñen eses sons como desgraza da guerra. Unha empatía e unha soliradidade posta de manfesto no xeito en que o fogueteiro amenizou o evento.
Foguetes de Festa con sons de memoria. Festexo con respecto a dor e pena polos que escoitan diariamente o son semellante das armas amezantes de morte.

VENRES 19 DE MAIO

GRAN FOLIÓN
Festas da Santa Bárbara
Alta Tensión Soterrada
Durante a segunda semana de maio proseguiron as obras de soterramento da liña de alta tensión. Durante unha semana tivemos un xerador conectado para dar servzo á parroquia.
O 16 de maio, derruiron o antigo transformador e por fin deixaron todo conectado ao novo. Soamente fala sacar os postes.

Esta é a nova coa que comezamos o mes.
Os días 20 e 21 de maio celébrase a festa de Piño na honra a Santa Bárbara.
Piden para a festa o Pepiño da Yolanda, a Nuria de Quevedo, a Laurita de Carnera e o Xurxo do Campelo. (Tal vez me esqueza de alguén).
Este tipo de festexos son moi importantes para manter vivas as relacións sociais tanto entre nós como con outros veciños das aldeas e vilas dos redores..
Altar maior de Piño
O Xantar de confraternidade do concello un éxito
O DOMINGO 30 DE ABRIL
Máis de 300 persoas se deron cita un ano máis na Pobra do Brollón para festexar unha xornada onde o xantar e as relacións entre os veciños son protagonistas.
O pulpo (polbo) e a carne ao caldeiro degustáronse a fartar sendo os pratos consolidados neste evento.
Máis de 200 agasallos donados por distintas empresas foron sorteados entre os asistentes logo do almorzo.
Xosé Luis Maceda na comida de 2023
30 anos de festexo do viño en VILACHÁ
A parroquia de Vilachar de Salvadur acolle a primeira fin de semana de maio a 30 edición da súa feira do viño.
Na páxina web do concello podes atopar toda a información en relación a este evento.