Xuntanza de Veciños
A directiva da asociación Veciñal Santa Bárbara asinou unha convocatoria de reunión para o xoves 20 de abril no local social a onde asistiu o alcalde do concello Xosé Lois Maceda Vilariño e Xosé Lois o arquitecto.
Acudiron a dita convocatoria unha vintena de persoas. Logo dunha pequena introdución do alcalde tomou a palabra Xosé Lois, o arquitecto, que explicou que o Local Social de Piño cumpre todos os requisitos legais incluíndo a referencia catastral. Esta legalización obriga a empresa encargada do subministrar luz a levar o tendido ata o lugar de balde. Os veciños, ou a asociación, terían que asumir os gastos de enganche e certificación da instalación por un electricista. De momento descoñécese que é o que vai acontecer e quen vai ser o responsable do pagamento da cota mensual xa que non se acordou na reunión.
Reflexións da autora
A falta de persoas residentes no rural é patente e ver como os poucos que vivimos non nos esforzamos en tentar aminorar a despoboación é lamentable.
Sen consenso non hai avance. Cando non existe hai que buscalo. Cando non se busca nin se persegue o único que queda é o esquecemento e o abandono.
Compráceme ver que outras parroquias do Concello prosperan facendo cousas. Da mágoa que, por falta de unión e diferencias, non se traballe en equipo para crear atractivos tanto turísticos como residenciais;. dando a coñecer entre outros valores o gran potencial paisaxístico que temos en Piño.

Manter as vías de acceso aos lugares de interese como o antigo Castro ou zonas paisaxísticas limpas e acondicionadas é fundamental para o desenvolvemento da nosa parroquia.
Os que xa non vivimos do gando somos maioría e temos o mesmo dereito a desfrutar do territorio, do no noso lugar de residencia e de veraneo de moitos.
A nosa aldea debe resultar atractiva para que queiran seguir vindo a ela. Isto soamente se conseguirá si hai conciencia e se traballe para que así sexa.
Hai varios temas da nosa aldea preocupantes. Refírome por exemplo á situación das vías pecuarias e camiños en xeral da parroquia ou ás mal nomeadas rúas en distintas zonas do núcleo poboacional e redores que se fixo fai unhas décadas.
A desaparición da toponimia é algo moi grave.
Dende estas liñas animo a que se fagan xuntanzas para debater esta temática e reverter a situación na que se atopa na actualidade realizando os trámtes necesarios no concello para que recuperen o nome orixinal.
A Carreira de Suhortos, nome xa desaparecido oficialmente ou o mesmo lugar de Suhortos. A rúa do Pacio chegou sempre ata a casa do Domingo de Avelino e incluso podería aceptarse que chegara ata o cruce de Centeais pero non deberíamos de permitir que se chamase rúa do Pacio ata a canle de Regadío do Val de Lemos porque isto conleva á desaparición do nome orixinal.
Podes ver no mapa de Google que esto que comento é así como realmente está e nós, dos veciños depende que recupere o seu nome orixinal.

Abril 2023
Semana Santa
VÍA CRUCIS
O venres Santo ás sete da tarde na igrexa parroquial celebramos esta xornada tan importante cun Vía Crucis onde rememoramos a paixón e morte de Cristo.
De luns a xoves santo tamén se rezou un rosario á mesma hora.
A iniciativa de realizar este evento xurdiu de CIVI, veciño con residencia en Piño dende fai máis dun ano e actual propietario da casa do antigo CAFÉ.
Acostumados como estábamos á realización de todos os actos relixiosos síntese moito a súa ausencia. A falta de relevo na igrexa e a sobrecarga de traballo para o derradeiro crego de outras 34 parroquias máis fai que, D. José Luis, non teña tempo de oficiar actos ordinarios en todas e unicamente realice os imprescindibles.