Primavera Cultural
Obradoiro de Teatro
INFORMACIÓNA importancia da auga
Fundamental para a nosa aldea foron os aproveitamentos da auga para regadío. Son aló menos nove as minas que se atopan nas distintas partes do lugar na actualidade en desuso.
Podes ver a imaxe de tres delas que están no cimo da Riba e que Fernando de Peruchela limpou para que non se perdera a súa localización.

O noso arroxo Teixugo
Ben sabedes que a única canle de auga natural que se atopa no territorio que ocupan as terras de Piño é o arroxo do Xuncal.
O Teixugo recibe o seu nome probablemente debido a que noutros momentos da historia na zona os Teixos eran moi abundantes. Tamén o era a pesca de anguías e troitas.
Xa fai moitos anos os habitantes de Piño construíron muros nas beiras con pedras das Penelas para encouzar mellor a auga e que non fixese o cauce máis ancho e aproveitar mellor así os lameiros.
Coa construción nos anos setenta do embalse de Vilasouto o Teixugo recibe as augas que se perden da canle de regadío do Val de Lemos. Fica seco a finais de agosto ata que chegan as novas choivas.
A mediados dos anos oitenta do século XX aínda se conservaban anguías e troitas no Teixugo. Conseguían sobrevivir nas pozas que quedaban no Castro e na Pontevella pero pronto a contaminación extinguiunas do lugar.

Outras Novas
As obras de enterramento da linea de alta tensión está avanzada e previsiblemente este mes de marzo remate a obra.-
Xa polo ano 2017 había novas da praga que se estaba vindo enriba dos mirtos LIGAZON

A Brief History Of Creation
LENDAS
,