Comezou o mes coas matanzas domiciliarias nas distintas casas da aldea.
Moi pronto un resumo deste ano 2023 que esta a piques de rematar.
Podes seguir día a día as entradas que publico nesta web.
Grazas pola visita e Bó Nadal.
ADEUS 2023
Vaise o ano 2023 quedando as lembranzas do que deu de sí, nuns máis e noutros menos, coma sempre.
Tempo restante para 2024:
Tempo restante para o 2024
PRESENTACIÓN LIBRO
Ás sete da tarde do sábado 23 de nadal na casa da cultura da Pobra do Brollón, Pilar Macía presenteou o seu novo libro, El poblado de las ánimas, que se desenvolve en terras guímaras.
O acto asistiron numerosos veciños e amigos entre os que se atopaba o noso alcade Xosé Lois Maceda quen convidou a autora a ser a pregoeira da feira Guímara do ano 2025, convite que aceptou Pilar Macía.
Participei con ela na presentación facéndolle preguntas sobre o libro e a súa obra en xeral.
Si che apetece leelo, podes atopalo na Libraría Pelayo á venda.
Manifestación multitudinaria en Santiago
O ‘xenocidio’ palestino
Máis de cinco mil persoas se xuntaron o domingo día 17 de nadal na capital galega en contra da masacre do pobo palestino.
A marcha rematou coa lectura dun manifesto elaborado polas entidades organizadoras denunciando “o que está a acontecer en Gaza, na Palestina toda, non é unha guerra”, nin una “novidade, senón “parte dun programa de limpeza e substitución étnica que dura xa dura xa 75 anos, e que neste momento adquire forma de xenocidio, con todas as letras”.
Durante case todos os días do que levamos de mes choveu.
A estrada de acceso a Piño viuse afectada por desbordamentos en varios tramos que dificultaron o tránsito ademais de contribuir ao deterioro da mesma.
Segue sendo moi importante o mantemento das vías. Como levo comentado en moitas ocasións estes anos a desaparición da figura de caminero e o pouco compromiso das administracións públicas co mantenemento das vías fai provoca este tipo consecuencias que co tempo xeran máis custos dos que tería un continuo mantenemento delas.
Presentación en Monforte do Misterio do Tulipán
O domingo día 10 no centro cívico do Malecón de Monforte de Lemos celebrouse a presentación do Misterio do Tulipán.
Como xa fixera en Bóveda, Yolanda Álvarez Castro interpretou o contacontos musical do libro acompañada de Gonzalo e Martín, músicos do grupo LOUBAND de Sarria. Dúas novas cancións incorporáronse nesta xornada á interpretación do conto.
Final da 1ª tempada do Bóveda Slam Poetry
O sábado día 2 de nadal no local social de Ribas Pequenas celebrouse a final do cértame de Slams de Poesía que se viñeron celebrando ao longo deste 2023.
O gañador foi Galego de Caracas, quedando Yolanca Ancas de 2ª e Noa Moreira de 3ª. Os resultados andiveron moi xustos, cuestión de décimas separaron a uns doutros participantes.
Os anfitriós, os veciños de Ribas Pequenas, ao rematar o evento agasallaron aos asistentes cun arroz preparado por un dos veciños do lugar.
10 de Nadal
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi un primeir intento de establecer unha serie de dereitos mínimos para os habitantes do Planeta.
Quería facer unha tirada, dende Peruchela Edicións, de eses dereitos impresos a baixo custo, con ilustracións orixinais dun rapaz de Monforte. pero logo penso:
-Para que lle vou a dar difusión a iso?
https://www.un.org/es/our-work/protect-human-rights
O Goberno de EEUU é responsable de Vetar as decisións que se toman en conxunto, Por esta decisión millóns de persoas padecerán as calamidades máis intolerables.
A ONU presume, dende 1948, de protexer dilixentemente os dereitos humanos. Estarían, no caso con Palestina, dispostos a seguir cumplindo coa súa misión de defensa dos dereitos humanos e vetar o veto dos EEUU amparándose na obriga de apoiar aos máis débiles e necesitados e en definitiva aos dereitos universais do home e o dereito internacional?.
"La Déclaration des Nations Unies sur les droits des peuples autochtones stipule que les peuples autochtones ont le droit de jouir pleinement, à titre collectif ou individuel, de tous les droits de l'homme et de toutes les libertés fondamentales reconnus dans la Charte des Nations Unies, la Déclaration universelle des droits de l'homme et le droit international des droits de l'homme."
Non hai xustificación para masacrar aos habitantes dun país. Pouco importa ter dereito as liberdades fundamentais recoñecidas na Carta das Nacións Unidas si ninguén defende eses dereitos.
https://www.un.org/es/our-work/maintain-international-peace-and-security
Pasaron séculos e seguimos sendo igual de bárbaros.
Nadal 2023
A primeiros do mes
Certamente aconteceron cousas transcendentais para todos,
Os problemas de entendemento entre os nativos do lugar cos vidos de afora.
Son das que defende o dereito dos habitantes ancestrais destas terras a seguir mantendo a súa lingua. Penso que o goberno galego debe inculcarlle aos novos ocupantes a raíz tradicional e á lingua do lugar. Así como os galegos que emigraron a outros países falaron as linguas dos lugares aos que foron, os inmigrantes deben de acatar as costumes do pobo galego.
O noso goberno debería apostar pola creación do gran verxel galego. A horta galega debería converterse no referente de todo o territorio español. Porque temos auga e a calidade das nosas terras é mellor que a de outras zonas do País.
A defensa do medio ambiente pasa por unha planificación non agresiva coa fauna e paisaxe do lugar así como dun traballo diario e constante no mantemento das vías públicas rurais.
Sentido común para conservar e manter o noso patrimonio.
Temos sorte co clima e a estabilidade social que posuímos en Galicia.
As Guerras
Somos testemuñas do que está a pasar en Palestina, estamos presenciando como son exterminados milleiros de inocentes. Non é pedir tanto que se estableza unha obriga de respecto para a vida. Que ninguén sexa asoballado, aniquilado e convertido en mártir.
Morrer sendo menos cunha formiga, un número que outros decidiron eliminar....ser menos que Margarida a formiga protagonista do Misterio do Tulipán.
NON ó Xenocidio Palestino!!!
NON AOS VETOS!!!
NON ÁS GUERRAS!!!