2013

NOVEDADES DESDE PIÑO XANEIRO DE 2013 e FEBREIRO

Moitas novedades que houbo estes dous meses  xa as sabedes polos teléfonos. Deixovos unhas imaxes que fun recollendo polas terras da Parroquia.
Desexo que vos agraden,  que vos traigan bós recordos e  calmen a morriña

NOVEDADES DESDE PIÑO ABRIL 2013

O tempo segue a pasar e vanse amigos e coñecidos queridos por todos para non voltar. Para eles o meu presente recordo

 

Como novedades destacadas contarvos que coas chuvias dos últimos meses e días a maioria dos veciños non poidemos botar as patacas ata mediados de mes, e grazas que parou que pensabamos que non viamos mais o sol.

En canto a outro tipo de novas non hai nada destacado e todo segue a rutina normal. A porta que se ve na foto do lateral ten a seguinte pequena historia:

A  sra. Carmen de Outeiro, certo día saindo de noite de onde  seus amigos da casa de Baldomero, cun facho de palla para alumearse  o camiño, como era costume neses tempos, topou cun carro de toxos pertencente á casa do Ferreirolo. O lume do facho nos toxos estendeuse a unha velocidade vertixinosa , e todo foi arder, incluindo a porta da casa  que logo de máis de oitenta anos do feito segue a ser  testemuña do suceso.

Pero a Carmen de Outeiro non pasou á historia por isto, xa que, cando esto sucedeu ela xa rondaba os oitenta anos e daquela  xa se había gañado o respeto e o recoñecemento de todos aqueles os que axudou o simplemente daqueles cá coñeceron.  LEER MAIS

 

NOVAS PUBLICACIONS DE CARLOS VILLARRUBIA

 

 

O manantial do Souto Grande rebentou estes dias gracias a choiva que caeo durante os últimos meses. Entubar e canalizala ata o tanque para que os animais podan beber é unha das cousas  necesarias por facerse.  Tamén está pendente a instalación dunha boca de toma de auga de bombeiros na igrexa e para aproveitar a levada da traida ata o Souto Grande no estaría mal poñer alí outra toma para en caso de incendio poideran cargar as carrocetas.

A fosa aséptica do Fontao, leva meses sen funcionar e ninguén se toma a molestia nin de informar ao concello. Tamén hai numerosos puntos de luz fundidos  por varios barretes da parroquia, en caso de que alguén se sinta perxudicado que avise el mesmo ao concello ao telf. 982430001.

A persiana do local social segue sen poñerse case despois de dous anos, o muro segue sen rexuntarse e a área do local social sin rematar de acondicionarse.

Tamén dimitiu a secretaria da asociación veciñal sin que por parte da directiva se lle comunicase aos socios.

Entre as boas noticias e que puxeron  unhas mesas de pedra  na área do Souto Grande.

  É moi importante que non cerren a area do Souto Grande con postes de madeira xa que según rezan os letreiros que puxeron o bosque é de todos, está nunha zona común e non ten obxetivo ningún poñerlle tal cousa. Dende esta liña pedirlle aos directivos da asociación que non continuen coa idea do vallado do sitio.  Hai moito e moitas cousas necesarias e prioritarias sin enterrar os cartos nunha cousa imnecesaria.

 

MAIO 2013

 27 DE MAIO ENTERRO DO XAVIER DO VILA

28 DE MAIO ENTERRO DO MANOLO DE LAUREANO

NOVEDADES DESDE PIÑO XUÑO 2013

Para cerrar xuño e comezar xullo comentar que na reunión dos comuneiros estivemos 10, actualizamos a lista e decidíuse buscar información sobre a suposta tasa que haberia que pagar por o monte comunal estar en zona de regadío,  ainda que non se poda acceder á auga.
Próximamente haberá unha nova reunión para informar aos comuneiros da situación real.
Por outra banda apareceu unha nota informativa firmada por Patricia Peralta na que figura como secretaria da asociación veciñal Santa Bárbara. Somos varios os que estamos esperando a ver as actas, as reunios e as contas da citada asociación xa que tanta trapallada  que estan a facer sin consenso non ten moita explicación.

E como cada ano disfrutamos do momento da procesión ao rematar a misa. Como costume a cruz diante e o palio collido por seis homes,  debaixo del o cura e detrás nós cantando e regando a procesión cós petalos das rosas.

 

Nestes días a comisión de festas expuxo as contas da mesma, onde se ven claramente ingresos e gastos, tal e como debe ser. Có remanente, fixeron este domingo día dous un xantar na Fonte da Vila para todos os que quixeron asistir.

Comentarios do momento

En canto a outras novas  podedes ver na imaxe inferior o progreso da ampliación do ceminterio parroquial.

________________________

Como crítica constructiva, e non só para esta comisión de festas senón para calquera outra que vexa este comentario, se fora doutra parroquia,  é que .. De verdade!!!, disfrutamos máis votando de cabeza a conta  daqueles que non deron nada pra festa,  que vendos expostos no listado con 0 €.

Os cartos para este tipo de actos han de ser  sempre voluntarios e cometer esa baixeza ponos á mesma altura.

 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega