Xuño
Nas imaxes pódese apreciar a peste que hai. Uns vermes comeron afeito todos os frutáis que non foron tratados. Van quedando casas, leiras e hortas valeiras, sen que ninguén se faga cargo. Ao non ser tratados os veciños que hoxe viven en Piño procuran tratar as súas árbores pero a peste sáltalles e vénse con moitos problemas para mantela a liña.
Podiamos dicir que logo de escarlle as xeadas e o granizo. a esta peste non se lle poido escapar este ano e un 40 por cento dos frutáis quedaron sen culminar o ciclo .
Xullo
Entre as boas novas de xullo coméntovos que acabamos de recuperar a luz branca no alumeado público, ainda que non foron restablecidos os punto de luz apagados por motivo da crise e séguese cortando as duas da maña en toda a parroquia, no obstante en canto rematen as labouras de cambio de bombillas as noticias son de que van a deixar de novo prendido o alumado público toda a noite.
Non estaría mal que puxeran nos puntos que teñen apagados ao menos unhas lámparas led para asi non deixar ningun punto vital a escuras. Nas próximas semanas veremos que ocurre.
22 de xuño celebramos o Corpus en Piño, no que como é acostumado houbo misa e procesión. Podedes ollar as imaxes.
Para rematar xullo, homenaxear aos nosos veciños do sector primario, que xa teñen recolleita practicamente a herba e case que rematada a malla.
Os primeiros veraneantes xa apareceron este mes na parroquia. Tivemos un bautizo este último domingo de mes, da filla de Jesica, chámase Carla.
O mes de agosto promete moito. Xa na primeira semana hai a voda dunha neta da Nelita da casa de Cantinera, e a segunda outra, de Nuria neta do falecido Xavier do Murra, o 15 a comunión de Sandrita filla de Begoña da casa de Gallego, o 23 a boda de meu irmán con Rosa de Madrid casa de Peruchela, e setembro tamén acollerá a nosa igrexa parroquial duas comunións, da filla de Ana de Vales, sobriña do Ramón das Pitas e de Laurita filla de Mercedes e Manolito da casa de Carnera.