Aviso: Estou a volcar os datos da anterior páxina e non sei cando estarán 100%. Tedes que perdoar e volver noutro momento.
NOVEMBRO 2012
Como se pode ver nas imaxes da páxina principal o Souto Grande presenta unha gran melloria ao verse libre do lixo que nel estaba depositado dende facia lustros, xestión feita pola asociación veciñal que recibiu cartos en meses pasados para o acondicionamento da fonte e que recibiu aportacións de 20 Euros de moitos veciños para a limpeza e recollida do lixo ahi vertido.
En canto ás imaxes superiores deixovos unha da entrada do camiño do Castelo, outra dunha vista do castro dende o Souto Grande, e os dous Soutos que quedan por ese lado do pueblo.
Comezouse o mes coa celebración do día de todolos santos e o día de defuntos, recibindo o noso cementerio parroquial a visita de decenas de persoas que acudiron a rendirlle lembranza aos seus familiares e amigos finados.
A xuventude residente na aldea, tamén celebrou a súa maneira o día do SAMAIN, a noite dos mortos, disfrazados de mostruos como se pode apreciar na imaxe. Xa o día tres no local social e o longo de todo o día, xantar e cea con dúo musical, foron numerosos os veciños que acudiron ao magosto que este ano promoveron Oscar e Iván.
Entre outro tipo de novas, está o ataque que sufriron os galiñeiros da nosa parroquia. Non se librou ninguén. O que deixou o zorro en meses pasados acabou de ser degollado por a Algaria.
Galiñeiros enteiros e non mellor dos casos un par de pitas decapitadas. Ese bicho, córtallela para logo chuparllelo sangue..
RESULTADOS ELECTORALES OUTROS CONCELLOS
NOTICIAS DE OUTUBRO 2012
Como non podía ser doutra maneira comenzamos un novo mes con noticias e como podedes ver nas imaxes o ambente das eleccións pálpase no pueblo, hai carteles por todos os laos. Pra que digan que non hai cartos!!!. Estamos desexando que chegue o 21 de octubre para poder ir a expresar ou non o noso voto. Cousa que non se nos permitiu cando o alcalde puxo a dedo a un pedaneo que nin sequera vive na parroquia.
En canto a necrolóxicas non vou a remitir ninguha máis nesta Web, no é a miña intención molestar a ninguén facendo, e si así o fixen en meses pasados pido públicamente disculpas.
No vindeiro més sae a venta o primeiro calendario anual con imaxes de paisaxes de Piño, que dende aquí vos invito a adquirir. Se estás interesado faimo saber no correo
MAGOSTO 2012 en Piño - O sábado 3 de novembro as dez da noite no local social da fonte da vila, promovido e organizado por Oscar e Iván . Menú : Empanada, carne o caldeiro con cachelos, pan, viño novo, refrescos e magosto. Precio 15 euros por persoa, 10€ para a cea e 5 €para o dúo. Para os menores de 10 anos será de balde.
NOTICIAS DE SETEMBRO
Novas publicaciones de Carlos Villarrubia
1 AMANDO QUEDIÑO 2 GALICIA EN RUE THERESE
3 A GATA MAULA 4 ERA DE RECREO
5LICOR CAFE 6 CUANDO AMANECE EN TU BOCA
7EL BAILE TORNA A LA ALDEA 8 EL ULTIMO VERANO
Para comezar setembro acercovos a imaxe superior dunha vista de Piño dende o antigo campo da festa da Fonte da Vila. Na imaxe inferior apreciase a tala dalgúns do carballos do citado campo, de propiedade privada e que o seu dono decidiu vender. Pronto non quedará ningún
O que sempre quedarán será no recordo, das mozas e mozos que se prometeron amor bailando debaixo deles. Vanse centos de anos da testemuña viva da historia dos veciños e amigos de Piño.
Deixovos algunha das imaxes que lle fun facendo nestes anos, se queredes gardalas xa sabedes como facer.
_____________________________
02/09/2012
Na reunión de comuneiros que tivo lugar o domingo día dous no local social, non houbo como de costume nas reunios demasiada afluencia de participantes. No obstante, informouse aos comuneiros asistentes da rescisión do contrato que había coa empresa Noroeste de Montes Sl, por non cumplimento do contrato de limpeza do común.
Chegouse ao acordo de informar a todos os comuneiros que non estaban presentes e que levan parcelas da intención da CMVMC de cobrar un tanto por hectáreas e desa maneira poder ir pouco a pouco limpando máis monte e alquilando máis superficie
________________________________________________
Nas imaxes inferiores pódese apreciar como as obras da construcción da nova via rápida estan de avanzadas. Na imaxe da dereita vese como a terra empeza a cubrir a ponte de Ribas Pequenas. Na imaxe da izquierda as pontes de formigón sobre o río Mao
______________________________________________
Nas imaxes superiores vemos a Aida, Mimi e Seila posando logo dunha camiñata a pé a Bóveda, unha maneira de manterse en forma e disfrutar dos derradeiros días das vacacións do vran de 2012
________________________________________________
Carlitos , Begoña,Mimi e Manon e Sandrita posan para WEBPINO, deixando constancia do seu paso por a aldea
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes veciñais en Man Común da parroquia de Piño, acordou celebrar o próximo domingo día 2 de setembro no local social as 17 horas unha asamblea xeral ordinaria de comuneiros para tratar os seguintes puntos da
ORDE DO DÍA
1º) Información dos trámites realizados
2º) Estado de Contas
3º) Rogos e preguntas.
O Presidente,
NOTICIAS DE AGOSTO
Resulta moito máis cómodo omitir textos que escribilos xa que de facelo feririan sen dubida aos mesmos que cos seus mediocres actos fan nacer en min unha rebeldía dificil de controlar. Todo ten o seu momento, e sen dúbida, cando sexa expresareino tal cual mo calo nestes intres.
En canto as novas de Piño, de agosto como podedes ver nas imaxes inferiores houbo unha xuntaza no local social o día 11, e os nenos pintaron arbres do Souto Grande. O día 18 enterrabase no ceminterio parroquial a Sra. Ana, do Castor
En CANTO AS BOAS COUSAS 26/07/2012
Estes días estiveron de vacacións en Piño algúns dos nosos parentes que viven o resto do ano noutras terras, deixovos unha imaxe de 1ero grupo do verao 2012, que se dedicou a promocionar as froitas autóctonas das aldeas galegas, neste caso as ameixas rubias.
Sobre dos rumores de que tiñamos sireas na aldea, deixovos as imaxes para que o constatedes
----------------------------------------------------------------
Con data 25 de xuño no cementerio parroquial deuse sepultura a o Manolo da casa do Murra, marido da Manuela de Eixón, pai de Rosa e irmau de Antonio, Javier, Jovita, Elvira, Avelina, Anuncia.....
Unha perda moi sentida dada a situación de minusvalía da filla, Rosa Mari, e por moitas outras cousas máis.
Ainda que o mes empezou chuvioso e anubrado segundo pasaron os día o calor fixo acto de presenza e con él os primeiros veraneantes ao noso pobo.
Nas imaxes inferiores pódense apreciar as cancelas da nosa igrexa parroquial e tamén un novo taboeiros de anuncios que un dos veciños elaborou e donou para tal efecto. En canto as cancelas da igrexa compartir con vos cós lectores desta páxina a súa orixe .
Pódese asegurar probablemente que o último ferreiro oficial de Piño foi MilMañas, o avó do Manolo de Asturiano, coñecido con ese pseudónimo polas súas demostradas habilidades. Cando o cura SAL, mandou traer a igrexa dende o Castro e facerse nesta ubicación, Milmañas foi o encargado da elaboración das cancelas que 150 anos despois podemos seguir a ollar na nosa parroquia.
NOTICIAS XUÑO 2012
Para rematar xuño decir que remata chovendo e con fresco
Novas Publicacións de Carlos Villarrubia
SAN ANTONIO 13/06
O CORPUS EN PIÑO 10/06
Comezamos animosamente xuño
1-2-3 Xuño VOLTA CICLISTA AS COMARCAS DE LUGO
Este ano as festas na honra á Santa, Bárbara, coincidiron o fin de semana do 19 e 20 de maio.
O venres a xa típica verbena de inauguración das festas con queimada e dúo musical para acompañamento dos asistentes. O sábado comezaron co paseo polas rúas coa Charanga Terras de Trives ata rematar a misa a eso das dúas da tarde, logo de que a auga arruinara a procesión tendo que correr todos para dentro cós santos. Á noitiña a xuventude e os mais animados estiveron na festa coa orquestra Nevada ata ven entrada a madrugada.
O domingo os Ramistas acompañaron aos Gaiteiros por todos os recunchos do pobo enchendo do son da Gaita o Lugar, un son que é de obrigada presenza en todas as festas nas aldeas galegas, unha das nosas señas de identidade que coa lingua diferenzan a nosa cultura.
Logo da alborada a misa con procesión sen chuvia e case sen xente pero lucida .Tomamos un vermuciño no bar da festa e pra casa xantar para coller forzas e a noite bailar.
Ainda que moitos non nos acercamos a ver a orquesta TANGO, nin a bailar, oimos a actuación dende a casa, e... como gusta oir música ben tocada!!!!Dende estas liñas felicito aos Ramistas e a dita orquesta e darlle animos e decirlles que ainda que non habia fisicamente moitos bailarins, nin persoas no campo , na aldea estabamos todos os que somos.. e ..o dito era gloria oilos.
Por iso, non che é o mesmo; cando unha orquesta soa ben e ten un bó repertorio, cando os artistas ven que non hai case ninguén e que aparentemente a festa non vale un peso, pero cantan e tocan coa misma dedicación e profesionalidade que si tiveran o campo cheo, ehí é cando hai complicidade común entre eles e os veciños que pagaron para que eles actuaran alí aquel día, e que dende a casa, están escoitando en directo a sua actuación.
-------
Cada ano fallecen amigos, familiares e veciños. Os afectados por suposto non teñen ganas de lerias, pero a festa está por riba diso.
Este ano esta moi recente o falecemento de catro figuras representativas de Piño, falo do Sofeca, do Lino, do Celestino e tamén da Luisa, catro nonoxenarios que tiveron a sorte de chegar a isas idades, persoas que desenvolveron unha insustituible labor neste mundo que deixou froitos. Vótamolos de menos, sempre estarán no corazón da moita xente e que como eu os apreciaba de verdade. Na misa non estaba o Sofeca, nin o Lino levou a Cruz e os rosais da casa da Elisa adornaban as portas e fenestras que pechadas advertian a ausencia de Celestino.
Cada ano falece xente e non por iso se ten que deixar de facer a festa para honra da Sta. Bárbara, a virxe do trono que eiqui en Piño un ano máis recibiu a súa ofrenda.
ESTRUCTURA DA PONTE DO TREN DE RIBAS PEQUENAS
Como se aprecia na imaxe a ponte da vía do tren en Ribas Pequenas sufriu un percance, seguramente polo impacto dalgún vehículo que non mediu ben o alto da carga.
En canto as festas da STA. BÁRBARA, este ano coinciden no fin de semana do 19 e 20 de mayo.
NOTICIAS ABRIL 2012
26/04 Morre a Sr. Luisa, casa Xan María, logo dunha larga enfermidade. Mañá 27 o enterro no cementerio Parroquial. O meu sentido pésame a todos os familiares en especial ao seu neto e a súa filla.
23/04 Nace o fillo da Beatriz, casa Quiroga e de Elias de Gundivós, De nome, Luís Germán. As miñas persoais felicitacións pola boa nova aos pais.
19/04 Tal dia como hoxe do ano 1973 nacín nesta aldea de Piño, e tal día como hoxe do ano 1988 enterrábase no ceminterio parroquial a miña aboa Rosa Pérez.
18/04 Fallece o Sr. Celestino da Elisa. Mañá 20 o enterro.
O meu máis sentido pésame aos seus netos, fillos e demáis familia
16/04 Fallece o Sr. Lino do Justo. Mañá 17 o enterro.
Parece que as novedades en Piño limitanse a morrer xente querida e apreciada, dende estas liñas o meu máis sentido pésame a toda a familia, e en especial condolencias a súa dona, a súa filla e ao seu neto Carlos.
Semana Santa en Piño
-------------
NOTICIAS FEBREIRO 2012
28/02/2012
Falece o carismático e querido Jesús Franco, "Sofeca", Pedaneo de Piño durante a maior parte da vida de moitos de nós.
O enterro será mañá día 29 ás cinco da tarde na igrexa parroquial.
Dende estas liñas expresalle o meu pesar a todos os seus familiares.
-------------------------
Este ano veu a candelaria e con ela as cigoñas. Non hai moitas máis novidades, o pueblo está moi tranquilo e apenas se ve a ninguén xa que o frío destes últimos días fai que se estea metido ó carón do lume todo o día. Este xoves día 9 son os compadres.
Xaneiro 2012
Ao comezar xaneiro xa tivemos o primeiro enterro no ceminterio parroquial, neste caso foi o Sr. Jaime, natural de Vales e residente en Vigo._
Entre outro tipo de novas contarvos que os abundantes raposos dos nosos montes deron boa conta das pitas de varios veciños, có consecuente disgusto que lle trouxo aos afectados.
Por outro lado comentarvos tamén que os xabarins da comarca estánse a sentir algo máis incomodos que anos atrás xa que soltaron lobos e entre éstes e os cazadores están a dar boa conta deles. Esta é unha boa nova xa que facía falla controlar a proliferación de esta especie que nos últimos anos estaban a fozar e derramar os poucos cultivos e lameiros que quedan nas terras de labradío, e novas plantacións de arbores, chopos, pinos e outras.
A mala nova e que os cazadores xa chimparon algún lobo, pero este é so un rumor.