2011

31/12/2011 FIN DE ANO 

Para rematar o  ano decirlle aos veciños que se acerquen ás novas da web,  exercendo como informadora do pobo  dende fai xa un lustro comunícolles que o novo pedaneo da nosa parroquia  elexido por representantes do concello da Pobra é  o tamén presidente da asociación veciñal, José López, da casa Campelo.

Bón Nadal a todos, e Feliz Aninovo.

O OLVIDO  - A VINGANZA

25 de decembro día de Nadal

Nova Publicación Carlos Villarrubia

 O cantante dos Resentidos,  Antón Reixa, xa o decía ..

A MATANZA DO PORCO, TOCALLE O CARALLO

Estos días son de matanza en Piño  e en toda a Galicia Rural, días nos que se comparten momentos de traballo e de confraternidade entre os veciños da aldea. Nesta comidas das matanzas, hai  centos de contos, e fálase.  ¿Quén será a vella do visillo  de Piño?

Respuesta na próxima comunicación ;=) ... A comunicación foi feita no  reportaxe da comida na matanza

--------------------------------

NOTICIAS DE NOVEMBRO

PARAMOTORES NO PACIOPara despedir novembro tivemos dous enterros no ceminterio parroquial.  Nesta última semana deuse sepultura a Emilio, o marido de Merche,   casa da Cubana, e a Consuelo do Casar Pita, coñecida familiarmente polo nome de Chucha, a muller do Recatón de Vales, falecido días atrás.

__________________

En canto ao evento de Paramotos foi todo un éxito según os organizadores.

Foron moitos os veciños das parroquias colindantes que se animaron a participar incluindo aos membros do club de motos Guimaro Motor da POBRA

 

 

 

20/11/2011 ELECCIONS

 

NOTA DEL FACEBOOK

26-27 NOVIEMBRE  1ª CONCENTRACIÓN MOTERA Y PARAMOTOR

+ INFO


Representación

SAMAIN  en Piño

enlace video

 

DIA DOUS DE NOVEMBRO

DIA NA MEMORIA DOS NOSOS DEFUNTOS

TUMBA DO MEDICO DE BALBOA .

 

30/10/2011 NOTICIAS DE OCTUBRE

Este ano as catañas son malísimas, pequenas e có ronco incorporado,  e por si eso fora pouco os abundantes xabarins deron boa conta delas.

NOVAS PUBLICACIONS DE CARLOS VILLARUBIA

2 3 4 5 6 7 8

 

 

  

Nas fotos superiores pódese ver como esta a quedar a área recreativa do Souto Grande, algúns veciños acudiron a ver a obra. Tamén esta semana se levantou o muro da casa de Quiroga  que caera fai uns meses. En canto aos membrillos decir  que este ano si foi un ano deles. Houbos a ducias como se pode apreciar no retrato.

A segunda semana do mes era enterrado no cimenterio parroquial o sr. Ricardo coñecido como  Recatón de VALES.

4º fin de semana de octubro programación  seguinte:

I CONCENTRACION MOTERA E PARAMOTOR

(EVENTO SUPENDIDO)

 

 NOTICIAS DE SETEMBRO

17/09/2011

Na igrexa parroquial de Santa María de Piño tivo lugar as sete e media da tarde  a boda  de Jésica. As imaxes foron feitas por Esmeralda, que acudiu con outras novas adolescentes de Piño ao evento a mirar aos noivos, como outras veciñas que ainda que non estaban invitadas foron ao lugar a dar testemuña do evento.  Dende estas liñas desexarlles aos recén casados bós anos de relación, saúde e prosperidade.

FERRERIAS PADRE, FERRERÍAS HIJO Y  JESICA ENTRADA NA IGREXA PARROQUIAL DE PIÑO

-

---------------------------

Nas imaxes superiores pódense apreciar  detalles do camiño do Souto Grande logo de que o alcalde da Pobra accedera a petición do presidente da asociacion veciñal Sta Bárbara e lle mandara unha pala para levar a auga da traída ata este lugar. Pódese apreciar a esplanada que se fixo no común do Souto Grande onde atoaron nunha fosa de varios metros algún do lixo vertido incontroladamente nos últimos anos.

Queda moito que facer pero pasiño a pasiño ehí vamos.

A imaxe do centro corresponde aos carballos da parte de abaixo do común onde se vai a facer unha pequena área recreativa.

--------------------------------------

O primeiro fin de semana contaremos na parroquia coa comunión de Sergio e Rubén, de CENTEAIS, casa Melchor, o domingo e o  sábado á mañá a boda de Marta e xa para o día 17 pola  tarde a boda de  Jesica.

e moitas  outras cousas máis  ....

--------------------------------------------------------------

 NOTICIAS DE AGOSTO 2011

O sábado 27 de agosto boda de Lorenaa

Fotos festa da tortilla 2009 - 2008 -  2011

Dedicatoria de Esmeralda a ZAR

---------------------------------------------

Chegado agosto os nenos  enchen as rúas da nosa aldea dándolle a vida que noutras épocas do ano non ten.  Os grupos de amigos a pé ou en bicicleta percorren tódolos barretes da aldea e a ledicia pálpase no aire.

--------------------------------------------------

O Pasado mércores día 3 enterrouse a Sra. Elia, da casa Francisco, que falecía logo dunha larga enfirmidade aos 86 anos.

--------------------------------------------------------------

Este mesmo día 03/08, as 3 da tarde, houbo unha reunión da   asociación veciñal   sta Bárbara,  coa  orde do día da lectura anual de contas,  nunha reunión onde se trataron outros temas de interese xeral que non figuraban na orde do día e que son de vital relevancia para a nosa parroquia.  Para informar e explicar do que se tratou na reunión poden dirixirse ao Presidente José López. O acceso a esta "asamblea" quedou restrinxido pola xunta directiva actual,  por  celebrarse  nunha data e hora inadecuada para todos aqueles que traballamos fóra da parroquia. 

--------------------------------------------------------------

Para este ano espéranse tres bodas na nosa parroquia. Certamente un ano de enlaces. Lorena (casa Quevedo), Jesica (casa Ferrerías) e Marta ( Casa Cantinera) serán as noivas deste 2011.

Esperemos  a velas radiantes de fermosura nese  seu día.

NOTICIAS DE  XULLO

Estes días pasados a carreira de Suhortos foi arranxada na súa totalidade por unha empresa especializada neste tipo de obras ruráis. O arranxo foi debido á solicitude que por parte da diretiva da  asociación veciñal tivo lugar ao alcalde D. Xosé Luis Maceda, que concedeu a axuda necesaria para poderse realizar.

carreira de suhortosOutra das obras que trouxo polémica estes meses pasados foi a apertura ou mellor dito, o ensanchamento dun dos camiños que atravesa o Castro dende a Cruela ata os Barredos. Quedou moi ben, tamén hai e dicilo e é digno de transitar para comprobalo. A Polémica veu por culpa de habérense arrancado algúns carballos e outro tipo de árbores dalgún dos muros das fincas privadas do camiño, ao pasar a pala. Responsable directo desde acontecemento foi o sr. Lino, casa Justo, que llelo pediu oó alcalde de boa fé e iste secundou a solicitude .

Sen embargo os intereses en  que o outro camiño, o que baixa dende o cimo da CRUELA ao canal  ENTRE O SITIO DO SONO E O DO XASTRE, son de que quede sen  abrir, non é que  da igual sinón que é que non lles da a gana de abrilo, ao menos polo de agora, naide o conseguiu facer limpar dende fai máis de vinte anos.

 Eu escribo dende estas páxina ¡ XA ESTÁ BEN! . É como o tema do arranxo da carretera, por 10 cm máis que se lle podían haber dado de cada lao, quedou mal. Mellor que estaba, sí claro, pero máis perigrosa, agora hai un bandén a cada ourela e como arrimes vas para o carallo. Ou como arranxala e deixalo tramo que pertence ao concello de Bóveda sen aglomerado quente, que é como lle chaman ao material que lle cuspiron enriba.

Outra cousa como lousa, por exemplo o das sinais dos nomes dos núcleos poboacionais, ¿ PORQUE NON LEVAN AS OXIDADAS A UN VERTEDOIRO DE SINAIS  ou a unha planta de reciclaxe de metáis? VAIA IMAXE QUE LLE SEGUIMOS DANDO AOS VISITANTES A NOSA TERRA.

Máis Novas :

Grazas a xestión da  asociación veciñal Santa Bárbara,  se  está a desenvolver estes días o arranxo das fontes, gracias tamén á  subvención da Deputación Provicial de Lugo.  Pronto poderedes ver o resultado das obras e vos informarei de máis rumores e polémicas.

NUNCA CHOVE A GUSTO DE TODOS

 

NOTICIAS DE XUÑO

NOVAS PUBLICACIONS DE CARLOS VILLARRUBIA

1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7

   

04 E 05 DE XUÑO FESTAS DA SANTA BÁRBARA

FOTOS DA PROCESIÓN

 

NOTICIAS DE MAIO 31/05/2011

Na reunión da CMVMC  houbo moi pouca asistencia de comuneiros ainda así os presentes contamos coa asistencia de David Castellanos que nos informou persoalmente de diferentes opcións de explotación para os MVMC da nosa parroquia.

Por outro lado comentar que os de CENTEAIS , pertencentes á VEIGA, ainda que ligados con PIÑO polo tema da IGREXA  e CEMENTERIO, tiñan ideado facela festa de PIÑO este ano, pero viñeron a decirme ao traballo que como non temos nin un campo pois que non.

Pepe, o presidente da asociación veciñal STA BARBARA, tivo o  pasado martes un accidente, sufrindo queimaduras no 40 % do corpo e está en estado de recuperación. Dende estas liñas  mandolle os meus mellores desexos de pronta melloría.

Os candidatos a alcaldía felicitaron aos veciños de PIÑO por haber recibido da DEPUTACION DE LUGO uns docemil euros aprobados para a realización dos proxectos presentados, unha noticia que ainda non me comunicou persoalmente ningún dos membros da asociación veciñal.

E DESTE XEITO DESPEDIMOS O MES.

 

O DOMINGO 22 MAIO

ELECCIÓNS MUNICIPÁIS

 

 DAVID GOYANES PP  A POBRA XUNTO CO PRESIDENTE DA XUNTA ALB. N. FEIJOO  JOSE LUIS M. V. E FERNANDO BLANCO BNG

JOSE ANTONIO GARCIA  DORA FDEZ PSOE POBRA

 

RESULTADOS :  O BNG SACOU 4 CONCELLEIROS  O INDEPENDENTE 3, O PP 2 E O PSOE OUTROS 2

19/05/2011

A comunidade de montes convocou unha asamblea xeral para tratar as medidas a adoptar  con aqueles comuneiros que estan a levar determinadas parcelas do monte. A reunión será o próximo sábado 28 de maio ás 15:30 h no local social.

-------------------------------------------------

O pasado fin de semana deuselle sepultura ao sr. Jesús Carril Díaz, casa Danesa, que faleceu aos 91 anos de idade.

   ------------------------------

02/05/2011

Os veciños de Bascós protestan polo cambio da mesa electoral

PROTESTA POLA ELIMINACION DE MESAS ELECTORALES

NOTICIAS DE ABRIL

Con data 30/04 Naceron as cigoñas do niño da avda. de Bóveda.

Otra das noticias que trouxo moita polémica este mes foi o cambio da mesa electoral de PIÑO para EIXON. E segue traendo comentarios.

Según comentaron algúns veciños  a mesa de Piño nos primeiros anos da democracia era unha referencia importante  de cara a conseguir a  alcaldía do concello da Pobra, por contar con gran número de votantes que incluía  parroquías colindantes como por exemplo CANEDO.

Con data 27/04 comezaron a alquitranar a carretera de acceso a Piño.

Este arranxo foi solicitado en numerosas ocasións, dende está web informando do estado de abandono da carretera dende fai varios anos.  Temos que agradecerlle  Adoración Fdez (PSOE) como conselleira de obras urbáns (concello da Pobra do Brollón), que atendendo a solicitude da asociación veciñal,  e no seu nome José López ( Presidente) priorizou a inversión do aglomerado en quente, na nosa parroquia.      O pedazo de vía que queda  ao entrar dende a carretera xeral, perténcelle ao concello de Bóveda que previsiblemente se encargará en breves días de continualo.

-------------

 

 

maleza no xuncalNa reunión da CMVMC  Sta. Bárbara, do pasado domingo día 17/04  consensuadamente decidironse continuar cos trámites necesarios para  proceder a limpeza das parcelas  por parte da empresa Noroeste de Montes SL, do grupo BIOSFERA. Tamén se leeron publicamente alternativas de explotación espostas por  David Castellanos Iglesias
Enxeñeiro Técnico Forestal
. A decisión tomada foi recollida na acta da reunión e asinada polos presentes.

--------------

En canto a festa dos avós e a xuventude que organizou  este ano o concello eiquí vos deixo o enlace.

--------------

En canto ao local social de Piño, estes días pasados unha cuadrilla  do concello acudiu a chapodarlle a cabeza aos carballos da finca da Cerca.

 

---------------------------------

O próximo domingo día 17 de abril as catro da tarde no local social reunión da CMVMC de Piño, no local social para tratar  o tema da limpeza do monte.

O próximo domingo 24  na PUEBLA, festa dos AVOS e a Xuventude,  estrearán o novo POLIDEPORTIVO este día.

 

NOTICIAS DE MARZO 2011

26 de marzo, sábado

bastós de madeiras virxes Cestos, cestas e PERSOAS

Lino co sombreiro

detalle das cestas detalle do almacén

bastós para camiñar  

LINO DO JUSTO

Entre as noticias de marzo atópanse novas como as clases gratuitas de ximnasia de mantemento e de manualidades que se están a impartir no local social de Piño.

Pero para manualidades as que foi acumulando o   Lino (casa xusto). Dende que   no 2009 lle fixera as fotos para esta web, alá polo mes de abril ao día de hoxe, dous anos despois, as imaxes falan por si mesmas. A  oferta e moi variada dende  cayadas de madeiras virxes  do castro, cestos para a roupa, cestas para levar  os ovos, paragüeiros, papeleras,  ata sombreiros.

Así que xa sabedes, non deixedes de mercarlle algunha destas auténticas  artesanías da terra, que ben seguro a máis de un lle fará un bó servizo.

--------------------------------------------------------------------

Na reunión da asamblea de comuneiros  da CMVMC  de Piño, que tivo lugar o domingo pasado,  empezáronse a recoller as firmas para solicitar o aparcelamento das fincas que están do canal para abaixo.

Para rematar  coas boas  novas comentar que lle estan poñendo un novo tellado a antiga casa do Ferreirolo (bruxa Xoana,  cóñecida pola lenda dos zocos da Freixeira).

 

 ferreirolo 

-------------------------------------------------------------------

O sábado 05/03 houbo o tradicional desfile de comparsas de Entroido no noso concello da Pobra do Brollón.

O alcalde andaba por alí de mono,  e quedámonos de pedra cando vimos que era él , a hora da entrega de premios.

Eiquí vos deixo  o enlace as fotos  onde podedes ver aos disfrazados e tamén a diversas personalidades da zona.

Mañá luns sae o OSO en salcedo  e o mércores enterrarase a sardiña para dar por rematado o carnaval de este 2011.

________________________

A Xunta reitora da Comunidade de Montes veciñais en Mán Común de Piño acordou celebrar o próximo domingo día 13 de marzo. ás 10 da mañá en primeira convocatoria e ás 12 da mañá en  segunda convocatoria no Atrio da Igrexa parroquial, a súa 1ª Asemblea Xeral Ordinaria.

NUEVO

NOVAS PUBLICACIÓNS  DE CARLOS VILLARRUBIA

1 2 3    6 7

 

 

NOTICIAS DE FEBREIRO 2011 

A Xunta reitora da Comunidade de Montes veciñais en Mán Común de Piño acordou celebrar o próximo domingo día 13 de marzo. ás 10 da mañá en primeira convocatoria e ás 12 da mañá en  segunda convocatoria no Atrio da Igrexa parroquial, a súa 1ª Asemblea Xeral Ordinaria.

Este mes foi  o día internacional da loita contra o cangro. Por desgracia  sufrimos a perda dunha querida veciña de Piño neste mes, por culpa de esta enfermidade. Matilde da casa de Quiroga que finou os 58 anos.

Outra das persoas que nos deixou foi a Sra. Pepita da Cerca, que foi enterrada tamén no ceminterio parroquial esta ultima semana do mes. Hoxe 26/02 será enterrado Luis, fillo do Pepe de Todos e mañan haberá  o funeral polo falecemento de América, da casa Cochorro de Centeáis.

En canto as boas noticias de febreiro engadir que o día das candelas chegaron as cigoñas ao niño da avda. de Bóveda e que o entubamento da rúa do Pacio xa rematou, quedando como se ve nas imaxes inferiores.

 

Tubos na rúa do Pacio  cuneta rua do pacio

Os tubos do Pacio que xa estaban previstos en presuposto dende fai máis dun  ano están sendo colocados esta  primeira semana do mes, non sen que estea traendo polémica,   xa que,  non todos os veciños son partidarios de deixar tramos ao descuberto e soamente nas entradas dos sitios tubos enteiros. Dicen que é para aforrar formigón... Será,  en todo caso calquer veciño interesado pódello preguntar ao alcalde do noso  concello o recamarlle si non está conforme.

Realmente ao modo de ver da maioria dos que vivimos en Piño é unha obra mal realizada, xa que, de ter sitio onde poñer o coche en caso dunha misa multitudinaria, é un perigro para a circulación.

 

 

 

NOTICIAS XANEIRO DE 2011

Na terceira semana do mes as xeadas foron moi intensas, logo de que remataran as choivas que deixaban os pasos do Teixugo completamente agachados, como se ve na imaxen inferior.

No segundo fin de seman de xaneiro  houbo unha batida de caza de xabarins no territorio de Piño, que se saldou con 3 pezas.

 

Na madrugada do  sábado 02/01 ao domingo entraron na igrexa parroquial forzando a porta  e levando as caixas das ánimas e  as limosnas que contiña a caixa de donativos para arranxos da igrexa.  A asociación veciñal denunciou o caso a garda civil quen se personou no lugar o domingo  a primeira hora da tarde. As caixas  apareceron rotas nunha cuneta.  Este é un máis dos roubos as igrexas da contorna que se están a facer por delincuentes comúns dende fai uns meses.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega