Agosto 2014

O martes 12 de agosto foi o cabodano do Antonio de Forriquitaina na igrexa parroquial e o día 15 a comunión de Sandrita da casa de Gallego.

Piño está repleto de xuventude, nótase o vran. Algunhas imaxes dos visitantes.

O sábado 23, día de Santa Rosa, boda na igrexa parroquial e a boda de Fernando e Rosa e pola tarde o cabodano do Salustio e do Pepe, respectivos maridos de Lola e Olguita. E así pouco a pouco vamos pasando o mes.

Os nenos despiden o mes no atrio da igrexa

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega