Rematamos o mes de agosto
Aproveitamos o mes de agosto ata o final. Pronto estará setembro e con el as tarefas propias do mes no rural.Tempo de vendima, de patacas e de millo . Tempo de colexio para os poucos cativos que quedan nas nosas aldeas.
E para aproveitar o mes de agosto rematamos en Monforte coa inauguración da Feira do libro da vila do Cabe sendo a pregoeira desta edición a nosa veciña a poetísa Olga Novo. En todas as librerías da cidade igualmente que nos postos do Cardenal podedes beneficiarvos dun 10% de desconto en libros.
En Piño , novo aviso da asociación de veciños que convoca reunión para os primeiros días do mes de setembro como se pode ver na imaxe.
Isto foi todo dende a aldea.

NOVIDADES
NON SON SEMPRE BOAS NOVAS
E moi triste ver como a vida continúa e como o tempo pasa sen se deter.
Hai que tirar para diante. Todos nos vamos ir nalgún momento
Namentres, en Ver celébrase o domingo 18 o día grande das festas do San Roque 2019
To be continue...

O destino ou a mala sorte
Este pasado venres 16 de agosto un tráxico accidente de tráfico no que se viu implicado unha moto e un coche causou a morte dos dous ocupantes da moto, un rapaz e unha rapaza da comarca de Lemos. A noticia causou gran conmoción entre toda a poboación, xa que eran duas persoas moi novas e populares.
Comparto o apoio que a Concelleira responsable de eventos e actividades culturais : MÓNICA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, do noso concello da Pobra do Brollón fixo na rede social Facebook. A mai da rapaza falecida é natural de Lamaiglesia . O rapaz da parroquia monfortina de Santa Mariña do Monte.
Os miñas máis sentidas condolencias á familia e a os amigos.

ESTREAMOS BANCO PÚBLICO
Melloras Públicas dende o Concello
Como se pode ver na imaxe así luce o novo banco que o concello ven de poñer no recén restaurado Potro de Piño.
Agora temos un novo recuncho para sentar ou resgardarnos da choiva.
Unha boa obra que revaloriza a parroquia.

Volvemos
+ Restos e + Andainas ao Castro de Piño
O domingo 11 de agosto acercámonos oito personas de novo ao castro de Piño en visita familiar, repasando os lugares e a historia que nel se desenvolveu ata a actualidade. Puidemos ver nesta ocasión, a maiores, o restos que quedan da antiga igrexa.
Ter as vías de acceso ao Castro e acondicionadas fai moito máis fácil que todos os veciños que se acercan nestas datas a Piño poidan ir en calquer momento a visitalo.
Este domingo tamén, na igrexa parroquial a misa foi na memoria de Justa Carril, finada en Inglaterra o ano pasado. Justa era natural de Piño do barrete de Suhortos, casa Alexandro.

ANDAINA EN PIÑO
1ª ruta polo patrimonio arqueolóxico e natural
Este domingo día 4 de agosto fixemos a primeira excursión ao castro de Piño para coñecer e disfrutar da historia e das paisaxes do lugar.
Participou xente de todalas idades tendo moi boa acollida.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE
Xantar organizado pola Asoc. Santa Bárbara
No local social da fonte da Vila a asociación veciñal Santa Bárbara celebrou o día 4 un xantar de confraternidade ao que acudiron máis de cincuenta persoas.
Boa comida para reencontrarse cos amigos, veciños e veraneantes; logo dos postres e o café, música de baile.

ENTREVISTA EN EXCLUSIVA
Coñecendo máis ao autor
A xornalista Mayte Rguez, entrevistou a Carlos Villarrubia logo da presentación do seu novo libro El viajero Emocional.
En exclusiva para esta páxina.
LEER ENTREVISTA
En exclusiva para esta páxina.
LEER ENTREVISTA