20 de xaneiro de 2024
Fai un par de días a Voz de Galicia fixo eco da iniciativa de solicitar o arranxo da estrada que vai dende Piño ata Pacios de Veiga.
Levamos moito tempo pedindo esta mellora. Nos últimos anos a empresa subcontratada para estas labouras parcheou algúns baches con bastante deficiencia, buratos que en poucas semanas volvían estar igual. O ideal sería que se lle botase un firme novo e que se fixeran os mantenementos.
Falando destes mantenementos, no tramo que vai dende o Fontao ata Pompedriña, xa se fixeron e xa se atopan destupidas as cunetas que levaban tres meses con este problema o que supoñía un perigo e ao mesmo tempo un máis rápido deterioro do firme.
Misa de ano novo en Piño e manifestacións pedindo o remate da guerra de Gaza
Ás doce e media da mañá do mércores 10 de xaneiro oficiouse a primeira misa parroquial do 2024 en Piño sendo vinte as persoas que se acercaron á celebración.
Moitas veces escribo sobre a igrexa e sobre os ritos tradicionais dela porque fun educada nesas costumes pero non me considero cristiana por convicción nin de ningún outro dogma relixioso. Proclamo o meu respecto para todas aquelas persoas que transmiten FE e comportamentos nobres.
-Qué nos queda se non temos FE e ESPERANZA?. Tan necesarias para transformar en realidade a utopía de que nun futuro o ser humano actuará con respecto para con todos os Seres Vivos cos que cohabita no Planeta, sendo ese momento o inicio dun Mundo onde a PAZ goberne a TERRA.
O mesmo día 10 ás 20:30hs, na praza España do concello de Monforte tal e como estaba previsto concentración pedindo a paz para Gaza logo de que o xentilicio Palestino leve xa 3 meses padecendo un exterminio indiscriminado.
🗓️Mércores, 10 de xaneiro 🕛20:30
Nova tempada do Slam Poetry
🗓️Domingo, 21 de xaneiro 🕛18:00
Queridos lectores de webpino, comezamos o 2024 con esperanza e ilusión e coa xusta resignación de aceptar o mundo que nos tocou vivir.
Mentres o primeiro mundo celebramos o nadal milleiros de persoas seguiron sendo asasinadas a poucos miles de km de nós.
O día de ano novo despraceime a Bóveda a escoitar a misa de ano novo. Sorprendentemente o párroco que a oficiou é da casa do Zapeto de Ver, un home do tempo do meu pai, que nin moito menos me deixou indiferente.
Unha homilia cercá, pedindo paz no mundo e rezando polos miles de seres que están sendo víctimas inocentes. Ao rematar o oficio acercouse á porta da igrexa para ir saudando a cada un dos asistentes á saída do templo, dando unha imaxe da igrexa que facía moito non amosaba ningún dos parrocos da contorna.
A morte do último párroco de Piño, D. Manuel, no marzal do 2021, remata un ciclo de centos de anos de tradicións eclesiásticas.
Misa de Ano Novo e a de Reis, a Candelaria, o Mércores de Cinza, Semana Santa, Santa Bárbara, San Antonio e Santa María. A misa de Santos e a de Defuntos, a da Inmaculada e a de Nadal, xunto con todas as misas consecuencia de mortes, bautismos, comunións e vodas que se viñeron celebrando ata o pasamento do último párroco da igrexa tal cal o coñecemos os que temos idade suficiente para elo.
Ser creente non está de moda e a maioria dos veciños de Piño síntense moi cómodos coa situación actual da igrexa e do seu novo representante na nosa e noutras parroquias onde se limitaron os actos relixiosos ordinarios a capitalidade do concello deixando as misas ordinarias das aldeas na situación de desaparecidas. Por outra banda as poucas que realizan fánse maioritariamente en días laborables onde as persoas que traballamos non podemos asistir.
Enténdese que a pouca FE e a pouca poboación das parroquias non é suficiente como para atender a realización dos oficios dominicais.
Somos testemuñas da desaparición da igrexa tal cal foi ata agora.