ELECCIÓNS
Monforte de Lemos - Resultados
En Monforte de Lemos este 18F, case mil persoas máis votaron ao BNG.
Unha moi boa nova para a comarca.
18F Eleccións ao Parlamento de GALIZA
O Bloque da Pobra do Brollón, non é tal.
Os resultados dos votos do concello da Pobra do Brollón reflexa un resultado que non ten nada que ver co partido que o goberna.
Onde están os votos das municipais do Bloque da Pobra?, pois na dereita.
Esto é unha cuestión de dereitas ou de esquerdas e de sentimento de país. Un sentimento de pais (Galiza) que lamentablemente están carentes todos aqueles que votaron ao PP e o que para eles representa.
Non presumamos na Pobra de ser do BNG cando as urnas din o contrario, que somos do PP.
Pero o resultado máis positivo da POBRA DO BROLLÓN é que o BNG tivo 101 votos máis que nas anteriores eleccións autonómicas.
Tamén é unha gran nova que os partidos de ideoloxía de esquerdas sumados obtiveron máis votos que os partidos que representan á dereita.
Seguimos sendo un concello Guímaro e Celtíbero.
Máis curiosidades das eleccións
Preocupante é o descenso do censo de votantes na nosa provincia de LUGO, que dende 2020 baixou case un 22%. O noso concello perdeu case que un 4,5% de votantes.
O resto das provincias galegas creen que non é xusto que un voto dun lucense valga máis, case o tripe que o deles. É moi necesaria unha modificación deste reparto de escanos do Parlamento Galego pois deste xeito sempre saen favorecidos os ganadores que na provincia son os do PP, de aí que este partido remate a súa campaña en LUGO porque é o que lle resulta máis rentable.
O resultado en Vigo foi moi sorprendente pois pese a ser a cidade de Galicia na que menos galego se fala o BNG conseguiu a maioría dos votos.
Punto de vista persoal
Asistimos ao final da lingua galega.
As políticas da Xunta de Galicia do PP exterminan o idioma galego porque non impulsan o seu uso e a súa lei educativa xa lle leva feito moito dano.
A poboación exprésase maioritariamente en castelán e uns miles de castrexos néganse á Nova Doma e Castración.
E como dixo a de Madrid, una Galicia al servicio de ESPAÑA.
Realmente é unha Galicia a favor das Privatizacións de Servicios Públicos e a favor das Multinacionais.
11 de febreiro
Varias novas que se publican non soamente porque as paguen senón tamén porque accidentalmente acontecen.
Falouse nesta fin de semana da morte de dous garda civís en servizo.
Falouse da metedura de pata de Feijoo.
Fálase dos Goya
E estamos en ANTROIDO, DON CARNAL, o tempo onde a VIDA e a LUXURIA enche as rúas de miles de lugares do MUNDO.
Unha das tradicións máis extendidas no Mundo Enteiro que ata coincide co ano novo chinés.
Peruchela
A unha presa de Votos!!!
Ana Pontón dice que estamos a unha presa de votos de sacarlle a maioria absoluta ao PP e a Rueda, pero vai estar dificil. Non imos ter paxaros na cabeza..
Logo dos sucesos acontecidos estes dias 10 e 11 de febreiro de 2024 vou facer uns comentarios persoais, punto de vista para moitos.
Nova ofensiva que conleva a aniquilación dos Palestinos de Gaza e o mundo impasible ou incapaz de parar esta nova hecatombe israelí.
A geopolítica o capitalismo a humanidade e a barbarie...
A quen lle interesa e por qué eliminar aos habitantes dunha rexión?
En pleno século XXI hai centos de sitios no Planeta Terra onde se repite ese patrón. Por interés económico aténtase contra a natureza e contra o resto de seres vivos que habitan a Terra.
A nosa mai, o a Madre Tierra.
Porque lle pese a quen lle pese... o home está feito de barro, segundo moitas relixións, eu son mais ben panteista.
Creo que a Terra e un ser con vida propia e usa os elementos climáticos para regular a súa propia existencia.
Quen lle da voz a un charlatán está amosando a parte mais putrefacta da natureza humana. Digo polos medios de comunicación que fan eco de verbas de lideres de determinadas SECTAS.
Os intereses económicos teñen comprado os actos dos grandes donos do Planeta e as novas que se publican nos medios de comunicación.
Peruchela
Dirixir Galicia
Neste mes de febreiro celébranse eleccións ao parlamento galego.
Un gran problema de cambio climático fai que en moitas zonas de España comezaran febreiro con grandes restriccións no consumo de auga dada a gran sequía que afecta sobre todo a rexión de Cataluña e o sur de España.
Aquí en Galicia teremos que ler as propostas dos distintos partidos que se presentan ao Parlamento Galego porque en ningunha delas podería faltar, na miña humilde opinión, o aproveitamento das augas galegas.
Propostas para un entubamento das canles que as distribúen dende os encoros ás terras de cultivo e vilas.
Temos un grave problema de aproveitameto das augas polo que urxe o arranxo e entubamento das canles. Levamos moitas décadas observando a inacción política e temos de presionar para que se traballe pola sustentibilidade do medio.
Carnaval en Galicia
O Carnaval arrincou na nosa zona o día 1 co xoves de Compadres.
Moitos compadres se viron este pasado xoves día 1 en distintas parroquias do concello da Pobra do Brollón e noutros moitos lugares da Ribeira Sacra.
Este ano en Piño non tivemos.
Pronto imaxes dalgunhas das que se puideron ver no entorno.
Contador no local social
Xa está instalado
Como se ve na imaxe xa fica instalado o contador e a acometida da luz ao local social.
Finalmente as persoas que apostaron por esta vía acadaron o seu obxectivo de contar con enerxia en calquera momento no local para así desenvolver calquera actividade.