NO LOCAL SOCIAL DE SAA
Boísima iniciativa que acerca a cultura aos veciños.
E con este tempo de Semana Santa que temos, choiva e vento está oferta cultural a que se lle suma un caldiño quente é dificil de rexeitar.
A Libraría Pelayo acercará ao evento o Libro que se presenta para que calquera dos presentes poda adquirilo e deste xeito coñecelo.
Tanto a ilustradora como o escritor teñen raíces nunha das aldeas da parroquia de Saa.
Fermosísimas ilustracións realizadas por Hortensia Fernández que acompañan á perfección o texto de Pablo Bernárdez.
Os Valladares foron un grupo moi recoñecido e nesta obra desvélanse as historias que agochan aquelas antigas partituras recobrando as notas unha nova vida nesta revisión actualizada e persoal que nos achega un pouco mais ao o retrato do que foi a vida desta familia fidalga.
REXÍSTRATE NA WEB
Moitas grazas a todos os que xa vos rexistrastes e aos que aínda non o fixestes convídovos a que o fagades para poder participar.
Deste xeito Webpino será unha páxina máis plural onde calquera das persoas que mensualmente entrades na web podedes escribir e opinar. Esta é unha mellora que implemento neste mes de marzo.
En cada un dos meses con cada un dos artigos ábrese un novo fio de comentarios.
Acércase a Primavera
Faltan poucos días para a primavera.
Grazas as persoas que apostan pola nosa aldea para vivir e invertir asemella que non se vaia a deshabitar alo menos en varias décadas.
Ao mesmo tempo cando ves que os de afora, os que non descenden nin teñen ascendentes en Piño queren vivir aquí e se involucran no embelecemento do lugar, fai que te sintas máis orgullos@ aínda. Porque esa xente está ao mesmo tempo revalorizando o teu sito, a túa casa o teu lugar e iso anímate a seguir traballando e seguir mantendo as edificacións seculares que posuímos e embelecendo os terreos coa pranta de novas árbores para futuras xeracións.
Cantas veces de nena imaxinei ver a casa de Balboa, o seu pombeiro, a súa capela e a súa mina de auga e finca lucindo!!!
Imaxinádevos....
-Que se arranxara a casa e que se habilitara como un hotel casa rural.
-Que a súa mina de auga se limpase e recuperase para seguir aproveitando o tan prezado tesouro.
-Ver de novo a capela do século XVII reconstruida como debería estalo, lousa e adobe.
-Que o seu pombeiro se rehabilitara e as pombiñas volvesen ter casiña.
-Que fermoso sería que nos cortellos houbesen bestas e cabalos!!! e que, como en Fiolleda e outras parroquias da contorna, estes animais participaran nunha ruta organizada que atravesara a finca ata o camiño da Cruela dirección ao Castro. Dende alí, polo medio, ata os Barredos; seguindo polo camiño de servizo do Regadío do Val do Lemos ata o Arroxo e continuando a ruta polo Toxedo ata chegar de novo á finca.
Na Ribeira Sacra lucense hai demanda de lugares de ocio vacacional no medio da beleza que o envolve.
Entrar a Piño e ver a Finca dos Balboa convertida nun gran referente da comarca é un sono que non vai esmorecer no meu maxín ata o día da miña morte.
Seguirei soñando esperta co progreso e avance da miña aldea.
No ano 2022 Piño cumpriu 800 anos de fundación como Parroquia. O asentamento dos nosos devanceiros no territorio data de máis de dousmil anos. Posuímos un lexendario ADN que vai impedir que renunciemos ao lugar escollido para vivir por aqueles primeiros castrexos.
Piño é un dos lugares máis fermosos do mundo e conseguirá permanecer na historia grazas a todos os que hoxe queremos facer del un mellor lugar para vivir.
Rosa nas súas bodas de prata no ano 2018
DESPEDIDAS
No día 13 do corrente mes de marzo deuse sepultura á Rosa de Forquitaina logo de que o pasado luns nos chegara a triste nova do seu pasamento.
A nova conmociounos a todos aqueles que a coñecimos e que a tratamos.
Ninguén se esperaba unha nova desta magnitude pero como sempre a morte sorprende e leva o seguinte da súa lista, sen mirar o dni.
Sen dúbida son momentos moi difíciles para Bárbara a súa filla, Tomás o seu home e a súa nai Narcita. Quero expresarlles o meu público e sentido pesar por tan irreparable perda. Desexo que a súa dor se faga levadeira e que afronten o destino con toda a entereza que sexan capaces de manter.
Expresarvos, ademais, a todos os que a queriades o meu pesar, resto de familia e amigos.
Faltaría á verdade si dixera que Rosa era unha veciña máis pois quenes a coñecimos sabemos que posuía unha moi boa cabeza coa que acadou converterse en Médica sendo un orgullo para toda a familia e veciños. Unha muller delicada e fina, que albergaba unha serie de facetas que non deixaban indiferente a ninguén.
O venres 15 de marzo ás seis da tarde misa funeral de Tina Castillo San Miguel que finou na tarde do día 13.
O pasado Nadal estivera ingresada e moi delicada pero recuperouse e seguía coa súa vida diaria de realización de actividades cognitivas no centro de día.
Podo decir de TINA que deixa fermosos recordos en min e nos que a coñecemos. Ata que puido atendeu da igrexa parroquial, semana tras semana durante moitos anos facéndolle os mantenementos con outras mulleres. Moi doce e agarimosa sempre cos nenos.
Expresarlles aos seus familiares e amigos o meu máis sinceiro pésame.
Segue chovendo, levamos un inverno con moita chuvia en Galicia. O sábado nove de marzo pola mañá puidemos ver caer neve copiosamente en Piño ainda que como estaba todo empapado non cuaxou. Vemos neve na Mioteira e tamén na Veneira e nas montañas do Incio e o Caurel.
Comezou o mes de marzo de 2024 igual que rematou marzo, chovendo moito e moi seguido.
O día un de marzo o mundo recibe a nova por parte de membros do goberno estadounidense de que (os países) a OTAN verase arrastrada a unha guerra contra Rusia si Ukraína cae.
Tamén nos erguemos coa nova de que o exército israelí disparou contra civiles nas praias onde estaban esperando a recibir alimentos.
Cinco meses despois do inicio do conflito van mais de trintamil palestinos mortos e mais de setentamil feridos.
Estamos as portas do incio da 3ª guerra mundial e desta si que ninguén será o gañador.