Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Abril 2024

Las 3 vidas de Pedro Burruezo segunda parte estará en la sección oficial del Festival Internacional de Cine de Mallorca. Será la película de clausura.

Está dirigida por José López Pérez, director de cine con raices en Piño.

José es también el promotor del portal https://www.nosolocine.net/

Continuou abril xa dende o día 10 con sol e calor. Grazas a estos días de tempo solleiro puidéronse sementar as patacas na aldea. Tamén comezou a ensila da herba e os máis madrugadores sementaron millo polo san Xurxo. Seguimos facendo cousiñas por Piño, uns desbrozando, outros na horta ou facendo cousiñas na casa.

Pola miña parte comentarvos que o pasado día 23 presentei na Libraría Pelayo dous novos libros editados pola nosa editorial. Eterno Mar de Lot e Huír a Mouramia de Anxo Muíños. Tamén se acercou á libraría o autor caurelés Parada Jato que nos falou un pouco da segunda edición de Usos, costumes e cousas do Caurel, un libro con gran valor etnográfico.

Pódense atopar na Libraría Pelayo ou en calquera outra libraría do país.

Cando teña a ligazón do evento compartireina por aquí por si alguén ten interese en saber algo máis dos libros.

Image

EN ABRIL AUGAS MIL

Comezou o mes chovendo, xa os días 4 e 5 o calor fixo acto de presencia pero durou pouco xa que o sábado 6 voltou chover.

Moitos son os veciños que por mor da auga non puideron sementar as patacas de autoconsumo, algúns aproveitaron o par de días soleados que tivemos o 20 e 21 de marzal para facelo pero na maoría dos casos a terra que se adica para ese cultipo estaba e segue entando bastante enchoupada.

Pronto compartirei máis cousas con vós.

Grazas por visitar a Web.

REXÍSTRATE NA WEB

Moitas grazas a todos os que xa vos rexistrastes e aos que aínda non o fixestes convídovos a que o fagades para poder participar.

Deste xeito Webpino será unha páxina máis plural onde calquera das persoas que mensualmente entrades na web podedes escribir e opinar.

En cada un dos meses con cada un dos artigos ábrese un novo fio de comentarios.

Image
Image
CASTRO DE PIÑO DENDE PROBEIROS

No hay comentarios