Luz no Local Social
Nada máis rematar a festa do pobo comezaron as obras para a instalación da corrente eléctrica no local social.
Había unha proposta sobre a mesa de instalación de placas solares e acumuladores evitando así ter que facer fronte a un pago mensual á comercializadora eléctrica, pero ao final quedou desestimada.
O custe da obra corre a cargo da empresa distribuidora, Fenosa=?, por atoparse o local en área do casco rural da parroquia.
3000€ que custará a adecuación da instalación do interior do inmoble á normativa será financiado ao 50% entre o Concello e os fondos propios da Asociación Veciñal Santa Bárbara.
De momento non vos podo dicir quen se vai facer cargo do pagamento mensual do recibo, hai quenes comentan que vai ser o concello que corra con estes gastos pero neste momento non podo confirmar o dato.
Novas, habelas, hailas
Unha páxina como webpino, vencellada cunha aldea, vese de súpeto afastada a unha terceira división no que atinxe a contar cousas que van acontecendo no lugar. Evitar o conflito é o motivo.
Non por iso vou de deixar de mostrar publicamente o meu malestar coa situación da gran maioría das vías pecuarias.
Gustaríama acadar o obxectivo de que Piño contase cunha ruta polos miradoiros que posúe, feito que está por acadarse porque ainda que no pasado outono o concello desbrozou a Carreiriña Nova ata o Castro o mantenemento ten que formar parte do plan anual de limpeza de vías do concello, dese xeito poderase programar algunha camiñata sen preocuparnos do estado da vía.
O camiño que atravesa o Castro ata os Barredos está a piques de pecharse, feito que se pode ainda evitar pasándolle unha desbrozadora antes de que se convirta nunha mecha para os incendios forestais.
Este camiño limpárase por solicitude do Lino do Justo alá polo 2011 e nalgunha ocasión dende aquela se volveu a desbrozar, no obstante agora precisa moito dunha nova intervención.
Festexo do Día das letras galegas presentado dous novos libros en galego
No día das letras galegas de 2024, venres 17 de maio acompañei ao escritor Anxo Muíños á presentación de dúas novelas que recentemente vén de publicar con Peruchela Edicións. O acto celebrouse na adega de Doade, Regina Viarium.
Info web Libreria Pelayo
+ Eventos Culturais
O mesmo día 17 ao mediodia Yolanda Castro presentaba a 3ª edición do seu conto "O Misterio do Tulipán" publicado por Peruchela Edicións, na casa da cultura do concello da Pobra.
O día 15 a charla convocada por Mar de Lumes, no día da Nakba acolleu a numerosas persoas que se solidarizan co pobo Palestino.
Uns días antes Carlos Villarrubia presentou con gran éxito o seu último libro na Libraría Entrelibros de Monforte.
Esta segunda fin de semana de maio celébrase a Santa Bárbara a patroa do trono e dos artilleiros entre outros.
Este ano non hai festa con orquestra pero a igrexa xa está lista para acoller aos fieis que poderan asistir este vindeiro domingo día 12 ás 13:15hs. e pedirlle á santiña.
O tempo está atronado, esperemos que os rezos nos valgan e non haxa estropicios nas colleitas das nosas hortas.
Hai moitas décadas a festa na honra a esta santa celebrouse no propio día catro de decembro pero a mala climatoloxía foi a que fixo mudar para a primavera esta celebración.
XXXI EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DE VILACHÁ DE SALVADUR
O domingo 5 de maio celebrouse a Feira do Viño de Vilachá de Salvadur, da D.O. Ribeira Sacra.
O pregón correou a cargo de Juanjo Figueroa, ante un público protexido con paraugas entre o que estaban autoridades políticas a nivel autonómico e provincial dos tres partidos da corporación municipal.
Figueroa no seu emotivo discurso celebrou a convivencia de viños de colleiteiros e adegas, e a loanza da nosa cultura tradicional que en Vilachá está tan actual e viva. Como mostra desa cultura, o pregón pechou coa actuación do alumnado da Escola de música municipal Samoeiro.
O resto da xornada, a chuvia non impediu que continuara a música e a celebración dos viños de Vilachá polas adegas da Abelaira.
Foi unha marabillosa edición da Feira. Xa esperamos con gana a edición número 32!
#APobradoBrollón #VilachádeSalvadur #FeiradoViñodeVIlachá #RibeiraSacra #viñosgalegos
Fonte: Redes da Guimaralia.
Las 3 vidas de Pedro Burruezo segunda parte estará en la sección oficial del Festival Internacional de Cine de Mallorca. Será la película de clausura.
Está dirigida por José López Pérez, director de cine con raices en Piño.
José es también el promotor del portal https://www.nosolocine.net/