Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Novembro 2023

Relatos do día a día
NOVEMBRO, SANTOS, DEFUNTOS, MAGOSTO E SAN MARTIÑO

Esgrafiados en Piño

Este venres 17 de novembro na Casa da Cultura do Concello de Pantón presentouse o libro de Mar López Sotelo "Esgrafiado galego, un museo ao aire libre". 

Mar López Sotelo, é unha Antropóloga/Investigadora/Escritora /Fotógrafa de Pantón que leva varios anos estudiando este tipo de gravados.

"O libro é froito dunha exhaustiva investigación rexistrando máis de 700 mostras desta técnica ornamental de fachadas e paredes. A autora vai unindo as pezas que permiten chegar á conclusión da existencia dun “estilo galego propio de esgrafiado”.

"O esgrafiado fai uso dunha técnica ornamental que consiste en decorar os enlucidos ou revestimentos das fachadas mediante incisións cun grafio, para crear figuras ou formas ao retirar da parte máis superficial" Ref. 

En Piño contamos cunha mostra deste tipo de técnica como podemos apreciar na imaxe. A casa foi restaurada fai uns anos pero ainda conserva este tipo de ornamentación.

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO
Interesantes xornadas de Familia na casa da cultura do Concello

DEREITOS HUMANOS

Seguen as manifestacións en contra do xenocidio, do exterminio do pobo palestino.

Convocada para este luns 20 de novembro novas concentracións pedindo o cese das matanzas de nenos e civís da franxa de Gaza.

Imaxes da concentración na praza de España de Monforte o pasado luns día 13

POESÍA EN RIBAS PEQUENAS

Nomes en cartel dos 7 poetas que competirán en Ribas Pequenas por converterse  no mellor dos participantes e gañador/a desta primeira edición do Bóveda Slam Poetry.

Nesta gran final participan os gañadores de todos os combates que levamos feito este ano e os dous mellores segundos postos.

SÁBADO 02 DE DECEMBRO CASA ESCOLA DE RIBAS PEQUENAS 19HS.
ANÍMATE!!!
DOMINGO 19 DE NOVEMBRO ÁS 17HS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO VELLO CÁRCERE DE LUGO

PRESENTACION LIBRO DE CONTOS CON LETRA MAIÚCULA

O Misterio do Tulipán é un libro de contos ideal para primeiros lectores.  Está editado por Peruchela Edicións.

A autora ten previsto presentalo en varias vilas de Galicia. A do 12 de novembro en Bóveda foi todo un éxito.  Crónica

Yolanda Álvarez Castro posando co seu libro na Libraría Pelayo
Unha vez máis a nosa estrada viuse afectada pola abundante choiva caída o que provoucou que en varios tramos houbese que pasar con moito coidado.

O día de Santos de 2023  o ceminterio parroquial de Piño lucíu como cada ano cheo de flores aos nosos seres queridos.

A misa de defuntos foi o día 2 ás 12:30hs da mañá.

Rematou o mes de outubro con auga continua durante varios días  feito  que provocou a caída dalgunha parede. Afortunadamente non houbo que lamentar ningunha desgraza persoal nin material a maiores do propio derrumbe.

Espérase un temporal  forte. Haberá que andar con coidado xa que é posible a caída de árbores nas estradas. 

Comecemos o mes... a modiño.

Algunhas imaxes do cementerio parroquial.

Herminia de Peruchela tivo que ser ingresada de urxencias no Lucus Augusti de Lugo  a primeiros do mes e  tiveron que poñerlle un marcapasos de urxencias. Evolucionou ben e xa se atopa na casa rematando a súa recuperación.

Foi  ingresada de urxencias tamén este mes foi a Tina, a muller de Antonio Alvarez, do Pacio. Afortunadamente conseguiu superar  a enfermidade e xa se atopa no seu domicilio.. 

Gústache Ler?

Librería Pelayo, papelería, editorial

No hay comentarios