Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Outubro 2023

paisaxe dende o cimo da Riba
Dentro de sete anos

Pedir de sete en sete anos e contalo é un privilexio e case un pecado sobre todo comparándonos coa xente que está sufrindo exterminio por parte de terceiros e que neste momento están pedindo vivir un día máis.. unha noite máis quedando moribundos ata que os asasinos os rematen e  calumnien a súa  esistencia como poboación civil xustificando o seu exterminio como dereito a defenderse

Podes verme na foto do sábado 28 de outubro de 2023 en Bóveda no V Encontro Slam Poetry cos gañadores da edición.

merendas teatrais

Actualidade
Teatro

O vindeiro sábado 28 de outubro, merendas teatrais con Merche Pérez

LER +
pia bautismal


Bautizo na igrexa parroquial

O sábado 14 de outubro na igrexa parroquial de Piño bautizo dunha nena. Sofía, filla de Raquel e Iván, casa Plis de Centeais.
A parella agasallou á parroquia cunha pequena pía bautismal.

Día das Bibliotecas

Actualidade
Xantar de Confraternidade

Este domingo 22 de outubro, xuntaza do Colectivo LemosLe para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebrará o día 24.

LER +
Folga no Ensino

Actualidade
Folga no Ensino

Este martes 24 tamén haberá folga do profesorado na Secundaria  que esixe aulas con menos de 25 estudantes ou recuperar as horas de antes da pandemia.

LER +

Crónicas breves

A mediados do mes de outubro deste 2023 asistimos impotentes aos acontecementos que se suceden en distintos territorios do noso Planeta.  

O día do Pilar do ano 2023 morreu o Serafín de Seoane, un veciño  ao que despedimos o venres 13 na igrexa parroquial previa sepultura no ceminterio.  Os funerais tradicionais en Piño son de corpo presente.  Ás veces as circunstancias ou o desexo da familia fan que o rito  difira do acostumado. O mesmo aconteceu no entierro da Luisa do Sono. Estamos comezando a ver cambios significativos no comportamento relixioso da poboación.

Na Gaza asasinaron a  1899 persoas este mesmo día.  A resposta do goberno Israelí  a un grupo terrorista foi aniquilar á poboación indefensa  e a xustificación dos mandatarios dos países civilizados é que ten dereito a defenderse. Home, digo eu,  terá dereito a defenderse pero o que non ten dereito é a perpetrar un xenocidio.

A sociedade prefire a mentira vestida que a verdade desnuda, esa é a realidade. 

Na Ukraína non se sabe quen manda porque Zelensky anda de xira. Non sabemos si os rusos  lle seguen  tirando á  poboación da ukraína ou se a guerra está estancada o que sabemos todos é que ten que rematar o asasinato dos inocentes.

Isto ten que parar!!!

Non á morte por violación de dereitos fundamentais!!!.

O artigo 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humáns é claro.

"Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e a seguridade da súa persoa."

É incrible constatar tanta maldade e manipulación no mundo. Séculos de historia e a sociedade segue sen mudar.

Acondicionamento do Sendeiro de Suhortos

Nestes primeiros días do mes o Concello da Pobra mandou unha brigada a facer labouras de desbroce e limpeza do camiño solitado este verán. 
A chamada CARREIRIÑA NOVA, atópase transitable e o camiño ata o Cimo do Castro desbrozado.

FOTO DO CARREIRO DESBROZADO

O Reino Vexetal

Lembro  a  moitas das árbores herdadas dos nosos devanceiros. Lembroas porque xa non se poden ollar, nin os seguintes despois de min darán conta da súa vellez.
O Pino de Rei, o Cedro do Carriozo e o da casa de Carnera, o Piñoneiro de Suhortos, os Negrillos da carón da igrexa, a  Cirdeira do Requeixo, o concheiro do Xacobe....... e así un montón delas podería seguir citando, lembrando..
ÁRBORE. Leña que cando fixo falla  non se esquilmou e vida indefensa que se matou por capricho ou molestia. Porque me asombra a horta, porque non me deixa pasar co novo vehículo, porque me estorba, porque as súas follas no outono non hai quen as carrete e manchan, porque ningún ano da nada, porque é meu e me peta, porque é de todos e como é de todos eu tamén podo levalo para a miña casa.
Pero,Por qué? Por qué somos tan irrespetuosos coa vida?.  Por qué pensamos tan pouco no futuro?. Por qué valoramos tan pouco o legado dos nosos antergos?.
E...qué legado deixará a nosa xeración?
Carballeiras cheas de lixo humano de non ser  antes queimadas ou taladas. Fontes e mananciais contaminados para que xa nInguén máis poida  beber. 
Aos nosos descendentes xa non lles importará a TERRA, nin a FALA e a FE  para eles é descoñecida, polo tanto a herdanza dos nosos antergos, morrerá con NÓS.
Seguimos con esta maneira de vivir. Pasando por riba dos dereitos dos demais e actuando egoistamente sen importar o que veña despois. Porque o mundo seguirá cando nós morramos, e da igual que te esforces en acabar con todo, en contaminar e matar a vida. O mundo seguirá e os nosos malos actos e accións co entorno deixaránse ver e diranlle moito de nós aos herdeiros do desastre.
Amigos, xa vale!!!. Non debemos seguir mirando para outro lado. 

Loureiro Centenario da Moradella
CARTEL DA FESTA DE PACIOS. SAN FROILAN
O San Froilán en Pacios de Veiga celébrase esta primeira fin de semana do mes.
CARTEL DA FESTA DE CEREIXA 2023
As festas da parroquia de Cereixa coinciden como cada ano coas de Pacios de Veiga e co San Froilán en Lugo.
CARTEL HOMENAXE A ANTONIO REBOIRO

CARLOS VILLARRUBIA EN MONFORTE


https://fb.me/e/13LoQuaZL

27 de Outubro de 18 a 20hs.

No local de CCOO Comisiones Obreras Monforte de Lemos Rúa Roberto Baamonde

Duración: 2 h


CARTEL do V Encontro SLAM POETRY
Xa te podes anotar para participar no Slam recitando os teus versos. Si o prefires podes vir como público e votar aos participantes.

No hay comentarios