Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Agosto 2024

WEBPINOnovasopiniónsrelatosBenvidos!!!

Mediados de agosto

Moi boas, alégrame que entres a ver as novas.

Téñoche varias.

Lamentablemente non todas boas porque a estas alturas do mes de agosto temos que ver como a estrada de acceso principal segue tendo as cunetas sen segar o que motiva que o perigo na mesma aumente.

Hoxe mesmo 17 de maio, un veciño de Pacios bateu contra unha árbore ao perder o control do marxe da cuneta, invisibel nestes momentos polo descoido na limpeza nunha época na que é tan necesaria polo aumento tan significativo de tráfico no entorno.

Outro Perigo

Si quixeras dar unha volta na bici pola vía de acceso do regadío do Val de Lemos ao seu paso por Piño atoparías varias sorpresas polo que dende esta Web, aviso de que non é boa idea.

Fai uns poucos días, quixen dar a volta dende a estrada principal, na ponte do canal que usamos a diario ata a costa de Suhortos, e tal vez ir ata Mosteiro ou Freituxe. Cando cheguei a altura do Castro, Os Barredos, tiven que baixar e pasar como puiden porque a maleza xa atravesa a pista e iso e os baches fan o lugar intransitable o que tamén é un gravisimo risco de incendio para o noso monte. O estado actual do lugar é moito máis que lamentable, é vergoñento.

Quizais sería interesante solicitar entre os veciños unha atención máis seria por parte das administracións das vías das que é responsable.

Está claro que eu unicamente os podo comentar a situación e soamente aunando esforzos poderemos revertir esta intolerable situación.

asociacion veciñal Santa Bárbara de piño (@asociacionvecinalpino) • Fotos y videos de Instagram

Sábado 17 de agosto, no local social de Piño xantar popular coa asistencia dun cento de persoas relacionadas coa parroquia.

ocaso en Piño en agosto

asociacion veciñal Santa Bárbara de piño (@asociacionvecinalpino) • Fotos y videos de Instagram

A asociación Santa Bárbara de Piño ten red social como podedes ver na ligazón superior.

Para o día 17 de maio, día dos mártires galegos, hai organizada un xantar popular como se pode ver na foto superior.

reserva en LIBRARIA PELAYO

Estimado/a lector

Como quentou estes días!!!!

Hoxe pola mañá, día dous, parecía que ía chover e facía un fresquiño que facía sospeitar ... Estache o tempo ben estrano!!!.

O meu propósito para este mes de agosto e seguir participando por este medio novas e historias, espero que sigades visitando de cando en vez a páxina para mantervos ao tanto das actualizacións.

.

No hay comentarios