Esta páxina está en continua actualización de contido. Grazas pola visita.
Tempo restante até 2025
Logros Conseguidos
Parece ser que tivo moita máis asistencia de público o evento da Pobra, das Cores do Outono que a festa de Canedo.
Polo que me contou miña nai, apenas había xente na tarde de onte sábado 28.
Hoxe 29 os de Canedo tiraron cohetes e nós arricamos as patacas.
Dende finais de agosto ata primeiros de outono é habitual arrincar as colleitas
A noite queda quente. Maduran as uvas e mañá poderemolas vindimiar .. antes de que chova.
Logros Conseguidos
Acadei os obxectivos que me marcara para este trimestre e afronto o outono con moita
ilusión e ganas de facer cousas.
Sigo con eventos culturais na Libraría e neste mes de setembro entregamos os premios do I Certame de Relatos Manuscritos de Peruchela Edicións.
Rematando o mes
Ao San Mateo da Parte non o acompañou o tempo, neste 2024. Ata as 15hs. os asitentes ao lugar puideron escoitar a misa e pedirlle ao santiño que lle dera un ano máis bon oído, despois choveu toda a tarde.
E chegamos hoxe ao San Miguel, festas en Canedo, unha das úlimas festas, do mes antes das de outubro do San Froilán e as do Pilar.
Pasan os días moi deprisa ou esa é a sensación que eu teño.
Os eventos sucédense tan rápido que non da tempo nin a nombralos. Xustamente onte perdín a oportunidade de coñecer a Fuxan os Ventos, a algún dos seus componentes. Pesoume ben. Estiveron na casa da Cultura da Pobra co motivo das Cores do Outono.
Introducindo o mes
Este ano o calor quedouse ata o día 2 de setembro o cal agradeceuse xa que viña vindo do 20 de agosto para adiante, refírome ao fresquiño das noites.
Con ese bon tempo as festas de Bóveda enchéronse e foron varias as parellas que aproveitaron para desfrutar, máis dun día, dos pasodobres.
No video podes ver a presentación que fixemos no miradoiro de Vilachá de Salvadur, o día 25 de agosto, en colaboración coa adega VAL DO FRADE, do libro de INÉS SILVA, unha escritora arxentina que vive en Monforte e que acaba de publicar coa miña editorial.
No concurso de relatos que promovín este verán houbo máis de 30 relatos. Xa están valorados polo xurado escolleito para tal tarefa. Este venres será a avaliación final e conxunta dos mesmos, xa que cada unha das tres persoas entregaron a súa puntuación por separado e agora falta facer a media e notificarlle aos gañadores e aos medios de comunicación.
Comezou a campaña escolar e nestes días non volverei a compartir con vos máis novas ata polo menos mediados de setembro.
Temos que prepararnos para o SAN MATEO en Camporrío, na PARTE, que este ano cae a SÁBADO.
to be continue......
Como rematou agosto 2024
A finais de mes fino Manuel Guitián Diaz, o xenrro da Estrella de Forguitaina. Estaba casado coa súa filla Fidelina falecida fai uns anos. A súa neta e demais familia acompañaron o cadavere ao ceminterio parroquial e celebraron unha misa na súa memoria. D.E.P.
En canto ás presentacións de libros que realicei no Ateneo Casino de Monforte o xoves 22 de agosto tiveron moi boa acollida, deixovos unha ligazón no video á presentación do poemario do Horoscopo Celta.