Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Xaneiro 2023

Breves

  • No lateral podes ver unhas imaxes do Carballal,  de  Carballedo, da finca de Balboa e do transformador.
  • Nesta 2da semana do mes  o concello mandou a limpar a depuradora do Fontao e Fernando de Peruchela colaborou na limpeza do mesmo.
  • Choveu por reixes como facía moito que non chovía. Volveu a rebasar a auga as Pontes.
  • O pasado día 11 na igrexa parroquial misa de ano novo.
  • Outra das novas e que comezaron unhas obras de reelectrificación ao lado do antigo transformador e polo visto eses pasados días roubaron varios dos tubos.En canto á terra que sacan da excavada  para o enterramento do cableado estana levando ao Fontao e con ela están tapando os tubos que saian dende a depuradora polos prados dos  veciños e que ata agora estaban á vista. Está habendo sustraccións de bens que están a vista. Temos que ter coidado. 

Benvidos ao 2023

Desexo que o ano novo que comezou sexa mellor co que rematou e que  haxa moitas  cousas positivas que poñer nesta Web para compartir cos que estades fora dela a maior parte do ano ou que non podedes vir dende fai tempo.

Como sempre o importante e ir cumprindo anos e poder contalo polo que lle pedimos tamén a iste 2023 que nos permita seguir cara adiante. Entre os proxectos que persoalmente me gustaría levar a cabo sería  pasar a papel os arquivos de anos anteriores  facendo un pequeno libro de memoria dos feitos relatados nestes 18 anos que cumple a Web, Unha maioría de idade a que chega cun novo formato pero mantendo a esencia do que prentende ser, un vínculo de unión co lugar de orixe de moitos dos meus lectores.

01 de Xaneiro

Felicitar neste día a Manuel, Manuela, Manolo... polo seu Santo.  Un día primeiro de ano no que a choiva non deu tregua. Ao longo de toda a xornada non parou nin un intre de caer e probablemente tanto en Pompedriña como xa nas Pontes este a auga pasando por riba da estrada. Un temporal de auga sen frío, un día moi escuro para comezar 2023.

Image

Adeus a unha veciña. Novo Pasamento.

A tarde do día dous de xaneiro despediamos no Tanatorio de Monforte á  Merche da Cubana. Tristemente comezou este 2023 para as súas fillas, netos, familia e persoas que a querían.
Moitas son as lembranzas dela, do seu sorriso e da súa vitalidade. 
O párroco D. Miguel e moitos veciños de Piño acercámonos a darlle o último adeus e acompañar á familia nestes momentos.

No hay comentarios