Situada no Quintairo, hai datos que apuntan que antigamente pertenceu ao Clero.
Fai máis de 150 anos compráronna os da casa de Barroso e viviron nela ata que mercaron a antiga casa Eirexa coa propiedade, nela construiron a actual casa Barroso e esta casa usouse de graneiro e de cuadras de animais no século XX.
No 2019 vendeuse e acondicionouse. Esta reforma fixo desaparecer unha das últimas lareiras da nosa parroquia.