Moitos somos aos que nos contaron a lenda dos 3 caldeiros. A min persoalmente foi o Manuel de Barroso pero hai outras versións que din que non eran 3 caldeiros senón unha cadea de ouro pertencente a un rei. Parece ser que o tesouro está enterrado nalgunha parte entre o Cimo da Riba e o Castro.
Sexa como for a lenda, só profundizando ou escavando no camiño descubriremos que é o que hai alí enterrado, se é unha cadea ou quizais tres caldeiros, quen sabe, se cadra repletos deses tesouros.
A lenda remataba predecindo o reedescubrimento do tesouro polas cabras.
Hoxe por hoxe hai medios que poden ver o que nai debaixo da terra sen nin sequera cavar.